Arte rupestre de Terras de Pontevedra
O conxunto de arte rupestre de Terras de Pontevedra é un conxunto de xacementos e vestixios de arte prehistórica situado na zona central da provincia de Pontevedra, unha zona que destaca pola elevada presenza deste tipo de artes, unha das maiores concentracións de arte rupestre de toda Europa.
Arte rupestre de Terras de Pontevedra | |
---|---|
Tipo | arte rupestre |
En | Pontevedra |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu nome fai alusión á mancomunidade de concellos que integran os concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.[1] En todos eles atópanse numerosos vestixios neolíticos, e calcolíticos, alén doutros restos castrexos e romanos. En Terras de Pontevedra hai múltiples conxuntos de petróglifos, algúns deles, como os de Campo Lameiro, Mogor ou Poio, están declarados Ben de Interese Cultural.
Características
editarEstes petróglifos son gravados rupestres prehistóricos que, en Galiza, conforman o denominado Grupo Galaico de Arte Rupestre e representan un fenómeno cultural singular. Aparecen principalmente nas Rías Baixas, sobre pedra granítica. Os investigadores chegaron ao consenso de que os petróglifos de Terras de Pontevedra foron realizados a finais do Neolítico, na transición entre a Idade do Cobre e a Idade do Bronce, é dicir, entre os anos 3.000 e 2.000 a. C.
Temas
editarA temática dos gravados situados en Terras de Pontevedra é variada. [2] Pódense dividir en dous grandes grupos:
- o naturalista, onde se representan figuras antropomórficas, utensilios de caza e animais (especialmente cervos, cabalos ou cobras) e pegadas;
- o xeométrico, onde predominan as formas e os debuxos abstractos, como cazos, combinacións circulares, labirintos ou espirais.
Localizacións
editar- Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
- Gravados rupestres de Fentáns, Cerdedo-Cotobade
- Petróglifos de Mogor, Marín, coñecidos popularmente como Labirintos de Mogor
- Área arqueolóxica da Caeira, Poio
- Área arqueolóxica de Tourón, Ponte Caldelas
- Conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras, Vilaboa
Notas
- ↑ "Terras de Pontevedra: Un destino para descubrir nas Rías Baixas". Terras de Pontevedra. Consultado o 2023-08-24.
- ↑ Francisco Javier Torres Goberna. "Petroglifos del Grupo Galaico de arte rupestre" (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Buenaventura Aparicio e Antonio de la Peña: Arte Rupestre en Galicia, Edicións do Cumio, 2013 ( ISBN 978-84-8289-466-9 ).
Ligazóns externas
editar- Arte rupestre | Terras de Pontevedra Web da mancomunidade.
- PAAR Páxina web do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |