Petróglifos de Mogor

petróglifos en Marín


Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar do Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

A Laxe dos Mouros

Descrición

editar

Componse de tres conxuntos de gravados rupestres visibles, aínda que existiron na zona sete pedras con gravados, entre eles algúns dos escasos labirintos atopados de momento en Galiza.

Os tres conxuntos de gravados rupestres de Mogor son os seguintes:

  • A Pedra do Labirinto é un penedo de forma alongada, de 5 m x 1,5 m, no que se ven uns sucos anchos e profundos arredor dunha coviña e cuns apéndices na parte superior. No resto da superficie da rocha hai máis combinacións circulares con coviña no centro e círculos sinxelos, máis superficiais que o anterior. O motivo do labirinto é atípico no conxunto da arte rupestre galega, coñecéndose só cinco exemplos, todos eles na provincia de Pontevedra.
  • A Pedra dos Campiños é outro penedo chan no que os gravados son máis coidados e os sucos menos profundos. Este labirinto carece da coviña central e dos apéndices. O labirinto está moi borroso e desgastado, polo que só pode percibirse baixo determinadas condicións de luz. A rocha está fendida, o que afectou levemente ao suco superior do labirinto.
  • Na Laxe dos Mouros vense claramente vinte e tres combinacións circulares ligadas por liñas curvas, multitude de coviñas, dúas combinacións pseudo-labirínticas, catro círculos sinxelos e un cérvido (aínda que este último case imperceptíbel). Antigamente esta laxe era coñecida polo nome de "Pedra da moura encantada".

Galería de imaxes

editar
Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de petróglifos de Mogor

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar