Área arqueolóxica da Caeira

conxunto de gravados rupestres na Caeira, Poio

A área arqueolóxica da Caeira é un conxunto de gravados rupestres ao aire libre situado na ladeira do Monte Tomba, coñecido como Boa Vista, no concello de Poio, provincia de Pontevedra. Está formado por máis dunha vintena de gravados e petróglifos, tres dos cales están catalogados como Ben de Interese Cultural. Forman parte do grupo de arte rupestre de Terras de Pontevedra.

Área arqueolóxica da Caeira
Tipoxacemento arqueolóxico
EnA Caeira
PaísGalicia
42°26′30″N 8°39′39″O / 42.441574, -8.660917
editar datos en Wikidata ]
Pedra Grande de Montecelo
Laxe das Lebres

Os petróglifos e gravados ao aire libre da Caeira, todos tallados en rocha granítica, coñécense dende principios do século XX grazas ao traballo do intelectual pontevedrés Ramón Sobrino Buhigas.

Nas proximidades destes petróglifos tamén se atoparon indicios da posible existencia dun poboado da Idade de Bronce, polo que se cre que estes gravados foron realizados nesa época. A súa temática agrúpase en dous grandes bloques: xeométrico e naturalista, coa existencia dunha gran variedade de representacións como cervos, cazoletas, combinacións circulares e diversas figuras antropomórficas.

Características editar

Na Caeira hai petróglifos sinxelos con poucos motivos repartidos por varias zonas, pero dúas estacións formadas por grandes pedras son as que teñen un papel máis importante en todo este conxunto.

  • A Pedra Grande de Montecelo está formada por un amplo conxunto de combinacións circulares e constitúe un dos máis sorprendentes exemplos de motivos xeométricos nos petróglifos do Grupo Galaico de Arte Rupestre.
  • A Laxe das Lebres é un gran panel con representacións de cervos. Dous destes animais, posibelmente macho e femia, dispostos en simetría especular constitúen o seu elemento principal. A ambos lados pódense ver figuras antropomórficas como xinetes.

O concello de Poio conta tamén con grupos rupestres no Outeiro da Burata e no Monte Cruceiro, ambos na parroquia de Samieira. Ademais, o petróglifo de Pozo Ventura non pertence a esta zona arqueolóxica pero si está moi preto dela, no monte Liñares. A súa superficie está chea de motivos xeométricos, pero a súa singularidade vén dada por motivos que lembran as follas de alabarda.

Centro de interpretación editar

O Centro de Interpretación Arqueolóxica da Caeira inaugurouse o 18 de xuño de 2009.[1] Atópase na parroquia de San Salvador, xusto detrás do coñecido como Casal de Ferreirós. Alberga un proxecto expositivo no que os visitantes poden observar e coñecer polo miúdo as características dos petróglifos existentes no municipio.[2]

Ademais, o centro inclúe unha réplica exacta do petróglifo de Pozo Ventura, de características excepcionais na arte rupestre desta zona da Península Ibérica, e que lembra bastante a outras pezas atopadas en Irlanda ou na rexión da Bretaña.

Notas

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.