Unha espiral é unha liña curva xerada por un punto que se vai afastando progresivamente do centro á vez que xira arredor del. Normalmente defínese cunha función que depende de dous valores: o ángulo do punto respecto a un eixo de referencia, e a distancia dende ese punto ó centro, situado no vértice do ángulo.

Unha espiral de Arquimedes.

Espirais bidimensionais

editar

As espirais bidimensionais máis coñecidas son:

Diferenzas entre espiral e hélice

editar
 
Imaxe dunha espiral arquimediana (negra), xunto cunha hélice cónica (vermella) e unha hélice cilíndrica (verde). A hélice cónica pódese entender como unha espiral tridimensional.

Espiral e hélice son dous termos que poden confundirse facilmente. Unha espiral adoita ser plana. Unha hélice sempre é tridimensional.

A espiral como símbolo

editar

A espiral é un dos símbolos máis antigos, e atópase en todos os continentes, tendo un papel fundamental no simbolismo desde a súa aparición na arte megalítica. En Galiza hai algúns petróglifos con representacións de labirintos en forma de espiral.

 

Pénsase que en moitos lugares representaba o ciclo "nacemento-morte-renacemento", así como o Sol, que se cría seguía ese mesmo ciclo, nacendo cada mañá, morrendo cada noite e renacendo á mañá seguinte.

Actualmente a espiral tamén é usada como símbolo do pensamento cíclico, en diversas propostas filosóficas, estéticas e tecnolóxicas.

Galería de imaxes

editar