Arquidiocese católica latina de Burgos

(Redirección desde «Arquidiocese de Burgos»)

A arquidiocese de Burgos (en latín: Archidioecesis Burgensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2012 tiña 339.185 bautizados sobre unha poboación total de 375.563 habitantes. O seu arcebispo actual é Mario Iceta.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Burgos
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°18′N 3°42′O / 42.3, -3.7Coordenadas: 42°18′N 3°42′O / 42.3, -3.7
Poboación
Poboación358.171 (2018) Editar o valor em Wikidata (25,54 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie14.022 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
CatedralCatedral de Burgos Editar o valor em Wikidata

Páxina webarchiburgos.org Editar o valor em Wikidata

Territorio editar

A arquidiocese abrangue a provincia de Burgos. Limita coas dioceses de Palencia (suroeste), Santander (norte), Vitoria (nordeste), Calahorra e La Calzada-Logroño (leste), Osma-Soria (sueste), Segovia e Valladolid (sur).

A sé arcebispal é a cidade de Burgos, onde está a catedral de Santa María. O territorio, de 13.849 km², está dividido en 1.003 parroquias, agrupadas en 15 arciprestados, e á súa vez en 3 vigairías.

Historia editar

A diocese de Burgos foi erixida en 1075, e pouco despois ampliou os seus territorios coa supresión das dioceses de Valpuesta (en 1087) e de Nájera (en 1100).

22 de outubro de 1574 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.

O 12 de decembro de 1754 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Santander. O 8 de setembro de 1861 cedeu novamente territorio para erixir a diocese de Vitoria.

En 1953 levou a cabo un axuste territorial coa diocese de Segovia.

Episcopoloxio editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar