Gregorio Aguirre García

(Redirección desde «Gregorio María Aguirre y García»)

Gregorio María Aguirre García, O.F.M.Disc., nado en Pola de Gordón (provincia de León) o 12 de marzo de 1835 e finado en Toledo o 10 de outubro de 1913, foi un relixioso católico latino leonés, que foi sucesivamente bispo de Lugo (1885 - 1894), arcebispo de Burgos (1894 - 1909) e arcebispo de Toledo (1909 - 1913).

Modelo:BiografíaGregorio Aguirre García

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) gregorio aguirre Editar o valor en Wikidata
12 de marzo de 1835 Editar o valor en Wikidata
La Pola de Gordón, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de outubro de 1913 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santa María de Toledo Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Toledo
29 de abril de 1909 –
← Ciriaco Sancha y Hervás (pt) TraducirVictoriano Guisasola y Menéndez →
Patriarca das Indias Occidentais
1909 – 1913
Vigário Militar da Espanha (pt) Traducir
1909 – 1913
Cardeal presbítero São João na Porta Latina (pt) Traducir
15 de abril de 1907 –
Administrador apostólico
2 de decembro de 1899 –
Roman Catholic Archbishop of Burgos (en) Traducir
21 de maio de 1894 –
← Manuel Gómez-Salazar y Lucio-Villegas (en) TraducirBenito Murúa y López →
Bispo de Lugo
27 de marzo de 1885 –
← José de los Ríos y Lamadrid (en) TraducirBenito Murúa y López →
Senador do Reino
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1885–), sacerdote católico (1859–), teólogo, político, frade Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónMariano Rampolla (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1172332

Traxectoria

editar

En 1857 profesou como franciscano descalzo e en setembro de 1859 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Toledo Cirilo de Alameda Brea.

O 27 de marzo de 1885 foi nomeado bispo de Lugo. Recibiu a consagración episcopal o 21 de xuño do mesmo ano de mans do nuncio Mariano Rampolla del Tindaro, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Valladolid Benito Sanz y Forés e ao bispo de Salamanca Tomás Jenaro de Cámara y Castro; a cerimonia tivo lugar na igrexa dos escolapios de San Fernando, en Madrid.

O 21 de maio de 1894 foi nomeado arcebispo de Burgos. Durante o seu pontificado en Burgos, foi tamén a partir do 2 de decembro de 1899 administrador apostólico da diocese de Calahorra e La Calzada. No consistorio do 15 de abril de 1907 o papa Pío X creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni a Porta Latina.

O 29 de abril de 1909 foi nomeado arcebispo de Toledo e patriarca das Indias Occidentais. Finou no cargo o 10 de outubro de 1913, e está enterrado na catedral de Toledo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar