Orde dos Freires Menores Descalzos
A Orde dos Freires Menores Descalzos ou Orde dos Freires Menores Descalzos da estrita observancia (en latín: Ordo Fratrum Minorum Discalceatorum ou Ordo Fratrum Minorum Strictioris Observantiae Discalceatorum), tamén coñecidos como franciscanos descalzos ou conventuais reformados, foi unha reforma observante da orde franciscana, nada no seo da Orde dos Freires Menores Conventuais e de xeito paralelo co nacemento en Italia da Orde dos Freires Menores Reformados, coa intención de aumentar o rigor e malia austeridade da vida conventual da orde. Tivo a súa orixe en Granada (Coroa de Castela) en 1495, por obra de Juan de Guadalupe, polo que foron tamén coñecidos como guadalupanos, seguindo os pasos da reforma de Juan de la Puebla de 1487. Os seus membros empregaban as siglas O.F.M. Disc. e, máis adiante, cando foron chamados alcantarinos pola reforma de san Pedro de Alcántara, tamén utilizaron as siglas O.F.M. Alc.