Vidreira
Suxeriuse que "vidreira gótica" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
As vidreiras son elementos arquitectónicos constituídos por anacos de vidro, xeralmente de cores, combinados para formar deseños.
Historia
editarO vitral orixinouse no Oriente ao redor do século X, florecendo en Europa durante a Idade Media. Amplamente empregados na ornamentación de igrexas e catedrais, o efecto da luz solar que por eles penetraba, engadía unha maior imponencia e espiritualidade ao ambiente, efecto reforzado polas imaxes retratadas, na súa maioría escenas relixiosas.
Adicionalmente, servían como recurso didáctico para a instrución do catolicismo a unha poboación inculta e analfabeta.
Técnicas
editarA técnica clásica de fabricación de vitrais empregaba chumbo nas xuncións e soldaduras. A cor nas pezas de vidro era obtida pola adición de substancias como o bismuto, o cadmio, o cobalto, o ouro, o cobre entre outros, á masa de vidro en fusión. De peso elevado, os vitrais así construídos presentaban problemas de estrutura, estanquidade, fraxilidade, deformación, corrosión electrolítica, mantemento difícil, alén do elevado custo.
Dado o perigo do chumbo e dos metais pesados para a saúde e para o ambiente[1], foron feitos esforzos internacionais[2] para proscribir o seu uso. Ese cadro estimulou o desenvolvemento de novos materiais e tecnoloxías para a fabricación de vitrais. Hoxe existen técnicas máis avanzadas, con gran valor estético, máis baratas e inocuas para a saúde e para o medio ambiente.
Notas
editar- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ "Decisão do Conselho nº 2001/379/CE de 04/04/2001 (Documento 23759/1)". web.archive.org. 2012-03-05. Archived from the original on 05/03/2012. Consultado o 2021-05-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vitrais |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vitrais en Galicia |
Ligazóns externas
editar- Vitrail Architecture - Modern glass in architectureArquivado 06 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).