Arciprestado de Tea-Condado

O arciprestado de Tea-Condado é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue 49 parroquias e 5 anexos dos concellos de Mondariz, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño[1].

HistoriaEditar

Foi creado polo Decreto do 29 de xuño de 2016[2], mediante fusión dos arciprestados de Tea e Salvaterra, e a anexión das parroquias de Ponteareas e Salvaterra de Miño que antes pertencían ó arciprestado de Entenza; que a súa vez se fusionou co de Tui, formando o arciprestado de Tui-Entenza.

XeografíaEditar

O arciprestado aséntase na bisbarra do Condado, e é atravesado polo río Tea. Estas dúas características danlle o nome de Tea-Condado. Limita cos arciprestados de Redondela-Oitavén, Montes-Mondariz, San Martiño, Tui-Entenza e A Louriña; todos eles da diocese Tui-Vigo. Ademais, limita polo sur co arciprestado de Monção, pertencente á diocese portuguesa de Viana do Castelo.

Parroquias e AnexosEditar

As seguintes parroquias e anexos integran o arciprestado de Tea-Condado:[1][2]

AnexosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Parroquias do Arciprestado de Tea-Condado". Consultado o 15/12/2019. 
  2. 2,0 2,1 "Decreto de fusión de arciprestazgos en Tea-Condado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13-04-2020. Consultado o 15/12/2019. 

Véxase taménEditar

Antigos Arciprestados da Diocese Tui-VigoEditar