Arciprestado de Entenza

O arciprestado de Entenza era un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Recibía o seu nome da parroquia de Entenza (Salceda de Caselas), e abranguía 16 parroquias dos concellos de Ponteareas, O Porriño, Tui, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño:[Cómpre referencia]

Nogueira (Ponteareas), San Salvador de Budiño (O Porriño), Santo Estevo de Budiño, Soutelo, Entenza, Parderrubias, San Xurxo de Salceda, Santa María de Salceda e A Picoña (Salceda de Caselas), Alxén, Cabreira, Arantei e Porto (Salvaterra de Miño), Paramos, Baldráns e Caldelas de Tui (Tui).[Cómpre referencia]

No ano 2016, fusionouse co Arciprestado de Tui[1], formando o Arciprestado de Tui-Entenza.

NotasEditar