Rally Mil Vistas de 1993

proba automobilística
(Redirección desde «4º Rally Mil Vistas»)

O Rally Mil Vistas de 1993 foi a cuarta edición de dito rally e a última proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 11 de decembro de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón.[1]

Rally Mil Vistas de 1993
CategoríaGalicia
LocalizaciónCarnota
Zas
Vimianzo
Dumbría
Mazaricos
OrganizadorSenra Sport
Escudería Berberecho
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos11
Distancia tramos64,20 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
Participantes
Pilotos36
AnteriorRally Mil Vistas de 1992
SeguinteRally Mil Vistas de 1994

Data e itinerario editar

O rally estaba previsto para o 3 de outubro de 1993, pero dous días antes anunciouse o seu adiamento por problemas burocráticos.[2] Finalmente celebrouse o 11 de decembro, despois do Rally da Coruña, pechando deste xeito a tempada. Constou de 11 treitos, con saída e chegada en Carnota. Estaban programadas dúas pasadas polos treitos de Carnota, O Ézaro-Mazaricos, Dumbría e Vimianzo, e tres polo de Muros,[3][4] pero o primeiro paso polo Ézaro foi anulado.[1]

Resumo editar

Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón colocáronse en cabeza no primeiro treito e xa non perderon a posición, marcando o mellor tempo en case todos os tramos da carreira.[5] Manuel Senra ocupou a segunda praza durante gran parte do rally, até que a rotura dun palier do seu Peugeot 309 fíxoo abandonar a falta de catro treitos. Miguel Dopico ascendeu así á segunda posición final, mentres que o terceiro caixón do podio ocupouno o leonés Roberto Méndez. O campión da tempada, Arturo Rial, rematou cuarto, tras un par de saídas da estrada nos últimos quilómetros.[1]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo/diferenza
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort Cosworth 42:16
2   Miguel Dopico   Álvaro Louro Ford Escort Cosworth a 1:13
3   Roberto Méndez   Fernando dos Santos Renault Clio 16v a 2:02
4   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport a 2:21
5   Juan Carlos Táboas   Luis Fernández Citroën AX Sport a 3:02
6   Roberto Blach   José Antonio Gómez Peugeot 309 GTI a 3:13
7   Jesús Campos   Faustino Suárez Renault Clio 16v a 4:49
8   Ricardo Vidal   Juan Carlos Souto Peugeot 309 GTI 16v a 5:14
9   José María Magdaleno   Julio Garriga Renault Clio Williams a 5:16
10   Alberto Tombo   Manuel Ferreiro Renault Clio 16v a 6:13
11 Couto Gómez Renault 5 GT Turbo a 6:16
12   José Tojo Lens   Rafael Ferreño Peugeot 205 Rallye a 7:03
13   Félix García   Miguel Ángel García Peugeot 205 Rallye a 7:10
14   Félix Enes   José María Magallanes Citroën AX Sport a 7:40
15   Pedro Castañón   Miguel Ángel Vilas Citroën AX Sport a 7:41
16   Leandro Puente C. Maira Peugeot 205 Rallye a 7:42
17   Luis Carballido   Benito Carballido Citroën AX GTI a 8:43
18   Jesús Seoane   Angélica Couce Peugeot 205 Rallye a 8:51
19 Mariño Silva Opel Corsa GSI a 13:15
20 Méndez Amado Peugeot 205 Rallye a 13:15
21   Francisco Javier Pedreira   Diego Vallejo Citroën AX GT a 14:12
Abandonos
-   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v -
-   Óscar Outeiriño M. Fernández Renault 5 GT Turbo -
-   Vicente Posada   Sergio Freire Citroën AX Sport -
-   Elías Ares   Segundo Pampillón Citroën AX GT -

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (13 de decembro de 1993). "Castrillón se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 57. 
  2. "Aplazado el Rally Mil Vistas de automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1993. p. 52. 
  3. "Treitos". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 
  4. Arévalo, Fernando (11 de decembro de 1993). "Castrillón, Senra y Rial, favoritos para ganar hoy el Rally 1.000 Vistas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43. 
  5. "Gañadores dos treitos". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
'