Xosé Lois Ripalda

mestre e escritor galego

Xosé Lois Ripalda González, nado en Erbedeiro (Carballedo) o 31 de xaneiro de 1940, é un mestre e escritor galego.[1]

Xosé Lois Ripalda
Nacemento31 de xaneiro de 1940
Lugar de nacementoCarballedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Maxisterio en Pontevedra, xubilándose despois de case corenta anos dedicados ao ensino en diversas aldeas do rural en Galicia e Asturias, rematando en Nigrán, Baiona e Vigo.[2] Da súa preocupación pola cultura tradicional e da evidente necesidade de crear literatura coa que poidan identificarse os alumnos procedentes do medio rural, nacen os seus volumes de relatos Un fachico de contos e Contos para engaiolar, recreacións libres da tradición oral que, xunto co seu último libro, Contos da Baiuca, forman unha triloxía sobre temas relacionados coa aldea.

Investigador sobre temas etnográficos, ten publicado numerosos artigos en xornais e revistas.

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[3]

ObrasEditar

NarrativaEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

EnsaioEditar

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "Xosé Lois Ripalda". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-18. 
  2. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-18. 
  3. "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 25/1/2019. 
  4. "A carón da roda". bvg.es. Consultado o 18/06/2019. 
  5. "Erbedeiro, vida e esmorecer dunha freguesía". bvg.es. Consultado o 18/06/2019. 
  6. "Nova crítica sobre “A cultura do pan”. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 24 de abril de 2020. 
  7. "O país dos mil ríos". Editorial Galaxia. 2011-06-28. Consultado o 2019-06-18. 
  8. "Xosé Lois Ripalda González. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-06-18. 
  9. "«Como lectores,os rapaces son sempre os mellores xuíces»". La Voz de Galicia. 2019-06-17. Consultado o 2019-06-18. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar