Televinte

televisión local de Chantada

Televinte (T20) é unha televisión local de Chantada que comezou a emitir en 1998, propiedade de Chantada Comunicación S.L. Conta con licenza de TDT na demarcación de Chantada, que inclúe tamén os concellos de Carballedo e Taboada.

Televinte
Logo
Tipotelevisión local
Data de fundación1998
SedeChantada
PaísGalicia
Na rede
Facebook: televintechantada Twitter: televinte Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Oficinas de Televinte.

O principal programa que emite todos os días esta canle son os seus informativos. Televinte destaca polos criterios pedagóxicos e participativos dos seus programas[1][2]. En 2002 comezou a produción da primeira[3] serie de ficción para televisións locais que se realizou en Galicia, Cabo do mundo que se estreou finalmente o 12 de maio de 2006.

En 2004, antes da mudanza cara a TDT, tiña unha audiencia estimada de 20.000 persoas, o 47.7% sintonizábana todos os días, establecéndose unha media de 22 minutos ao día por persoa, e cun share do 10,5 % [4]. Televinte tamén destaca polo apoio á produción audiovisual na comarca, co empréstito de material e locais o que permitiu a realización de varias fitas[5].

Notas editar

  1. Culturagalega.org
  2. Sánchez, Alba. "Creciendo a ciegas en la era tecnológica" (PDF). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  3. Vieiros, 14-05-2006
  4. Estudo de audiencia de Televinte
  5. "A Nosa Terra" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 22 de agosto de 2010.