Televisión local

canal de televisión que emite nunha área pequena

Denomínase televisión local ou de proximidade a aquela que emite nun único núcleo urbano ou zona.

Historia das televisións locais en España

editar

A primeira televisión local de España foi a Televisión de Cardedeu (Barcelona) [1]. A súa primeira emisión foi o sábado 7 de xuño de 1980. Aquel día, o teatro parroquial Esbarjo de Cardedeu converteuse no primeiro plató de televisión non gobernamental de España. A primeira emisión foi un debate e un fragmento do "Tartufo" de Moliére.

Historia das televisión locais en Galicia

editar

As primeiras televisións locais apareceron en Galicia a finais dos anos oitenta da man do Canal 29-Televisión de Narón, que iniciou as súas emisións en 1987. Entre 1986 e 1987 fixeron o propio as emisoras municipais de Ponteareas e Cerceda.

Na actualidade emiten en Galicia máis de trinta canles locais entre eles están Canal 31, Correo TV ou as emisoras galegas da extinta rede de Localia.

Televisións locais de Galicia

editar
Televisións locais de Galicia organizada por provincias

A Coruña

Lugo

Pontevedra

Ourense