Xesús Mato

sacerdote, musicólogo e escritor galego
(Redirección desde «Xesús Mato Mato»)

Xesús Mato Mato, nado en Cabo de Vila (San Martiño de Castro, Paradela) o 29 de outubro de 1932 e finado na cidade de Lugo o 13 de febreiro de 2024,[1] foi un sacerdote, musicólogo e escritor galego. Usou o pseudónimo J. Cabodevila na música.[2][3]

Infotaula de personaXesús Mato
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Cabo de Vila, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 2024 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Educaciónseminario de Lugo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , musicólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5644561

O Concello de Paradela, en colaboración con Brandán Comunicación, publicou Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos, presentado en xaneiro de 2023.

Traxectoria editar

Fixo a carreira sacerdotal no Seminario de Lugo (1946-1958). Foi coadxutor de Lalín (1958-1967) onde foi profesor de Filosofía e Música nun colexio privado (1959-64) e profesor de relixión do Instituto Laboral de Lalín (1965-67). En Lalín fundou a emisora Radio Popular de Lalín (1959-64) da que foi o primeiro director e foi tamén fundador e primeiro director da Polifonía de Lalín (1958-1967). En 1967 obtivo o título de técnico Radiodifusión-Redactor en Madrid e dende 1968 foi asesor relixioso e redactor en Radio Popular de Lugo e creador das misas en galego por radio.[4] Foi párroco de 6 parroquias na Montaña do Cebreiro (1983-2000). Foi director espiritual e asesor do Colexio Menor F. Obispado (1967-68). Foi fundador e primeiro coordinador de Auxilia-Lugo (1970-77)[4] para facer visibles os discapacitados que aínda nos anos setenta as familias escondían como se a súa existencia fose unha praga bíblica ou un castigo.[5]

Foi cofundador do Grupo Fuxan os Ventos (1972), e autor da letra e da música da canción que lle deu nome ao grupo. Tamén foi impulsor de Galicia canta ó neno[6] que achegaba á xente a tradición popular das panxoliñas.[7]

Por iniciativa do concello de Paradela, editouse un libro homenaxe titulado «Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos».[7]

Recoñecementos editar

  • 1991: Lucense do ano[1]
  • 1998: V Premio Moncho Valcárce[8]
  • Terceiros premios de Cultura Tradicional de María Castaña
  • 2005: Fillo Predilecto do concello de Paradela[1]
  • 2009: Premio de Xornalismo sobre o Nadal. Begonte
  • 2018: Medalla Castelao. Medalla solicitada por unanimidade do Concello de Paradela, ao que se uniron multitude de adhesións.[5] Foi a primeira entregada por petición popular de máis de 2 500 persoas e institucións.[9]

Familia editar

Xesús Mato foi curmán de Xosé Manuel Mato, quen fora alcalde de Paradela.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Europa Press/Redacción (13 de febreiro de 2024). "Falece Xesús Mato, sacerdote do pobo e fundador de Fuxan os Ventos". galiciaconfidencial.com. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  2. "Buscador de Gallegos Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-18. 
  3. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: m". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-01-18. 
  4. 4,0 4,1 Xiz, Xulio (13 de febreiro de 2024). "Morre o crego Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia". elprogreso.es. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 "Unha Medalla Castelao para Xesús Mato Colectivo Egeria". colectivoegeria.org. Consultado o 18/1/2023. 
  6. "Paradela homenaxea a vida e traballo de Xesús Mato". Nós Diario. 18/1/2023. Consultado o 18/1/2023. 
  7. 7,0 7,1 Palacios, X.M. (13 de febreiro de 2024). "Adeus a Xesús Mato, o crego que cambiou a música galega contemporánea". lavozdegalicia.es. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  8. "Xesús Mato Mato Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 18/1/2023. 
  9. Redacción (13 de febreiro de 2024). "Faleceu Xesús Mato, sacerdote, musicólogo e cofundador de Fuxan os Ventos". nosdiario.gal. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar