Wikipedia:Votacións para borrar/Arquivo/2015
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Índice
- 1 2015
- 1.1 Kaleya
- 1.2 Wikipedia:Artigos bos/Propostas pechadas/2015
- 1.3 Vivencio Freire Dapena
- 1.4 The Maldives Song
- 1.5 Aguas de Mondariz
- 1.6 Juan de Borja y Arnau
- 1.7 Carlos Núñez Deza
- 1.8 Armonía Universal
- 1.9 José Soares (fotógrafo)
- 1.10 Alfonso Xesús de Braga Rodríguez Castelao
- 1.11 RTS 1
- 1.12 Criónica
- 1.13 Categoría:Nados no Ulster
- 1.14 A Catorce
- 1.15 Modelo:Concello
- 1.16 Modelo:Cidade Liechtenstein
- 1.17 Lory Money
- 1.18 Categoría:Nados en Transilvania
- 1.19 Luz Muinelo
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Sen referencias, sen apenas un par de resultados en blogs tras unha procura en google, creado por unha IP, marcado con {{gloriaVa}} no seu momento, editado por un usuario que só editou ese artigo e cargou o Ficheiro:Kaleya 3.0.JPG. Ademais de estar moi probablemente desactualizado, a relevancia do artigo é moi dubidosa e as condicións de creación aínda máis. --☣Banjo tell me 23 de decembro de 2015 ás 20:13 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --☣Banjo tell me 23 de decembro de 2015 ás 20:13 (UTC)[responder]
- Borrar. O artigo non cita fontes acreditadas de onde deducir a relevancia enciclopédica. --. HombreDHojalata.conversa 24 de decembro de 2015 ás 17:16 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 24 de decembro de 2015 ás 17:33 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 24 de decembro de 2015 ás 17:35 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Propoño o borrado de Wikipedia:Artigos bos/Propostas pechadas/2015 (non sei por que aparece 2015) porque non ten contido e con toda seguridade non o terá, xa que o proceso dos artigos bos está moi verde (hai que votar políticas relacionadas e as votacións duran un mes) Esperemos non tardar moito e poder comezar en xaneiro ou febreiro, mais este ano lamentablemente non vai poder ser. A ver se esta votación dálle pulo ás discusións relacionadas. --Piquito (conversa) 6 de decembro de 2015 ás 21:48 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 6 de decembro de 2015 ás 21:48 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Comentario Xa a borrou Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 09:49 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Artigo sen relevancia enciclopédica. Non se aporta un punto de vista neutral nin referencias. Inclúe contido non enciclopédico relativo á vida privada de persoas, "que debe ser evitado se non existiren razóns importantes para a súa inclusión".
- Borrar
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Borrado rapido, avisa a un admin activo, senón faigo eu mañá de noite --☣Banjo tell me 14 de novembro de 2015 ás 23:17 (UTC)[responder]
- Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de novembro de 2015 ás 00:35 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Sen relevancia, dende o punto de vista enciclopédico, como para ter artigo de seu. Abonda coa información xa incluída nos artigos Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA e Unoosha.
- Borrar
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 3 de novembro de 2015 ás 11:38 (UTC)[responder]
- Borrar [1]. Idealmente, fusionar historiais cun dos dous artigos e deixalo coma redirección a ese. ☣Banjo tell me 3 de novembro de 2015 ás 12:00 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Contido movido a Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA, queda como redirección. Pecho votación. ☣Banjo tell me 6 de novembro de 2015 ás 10:08 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
A entrada do artigo é unha tradución directa da web de Augas de Mondariz. Outras partes do artigo parecen tamén copias, pero non o podo confirmar. Fixádevos na frase "Cada ano, 00Aguas de Mondariz Fuente del Val00 envasa máis de 98 millóns de litros", con ese dobre cero que reflicte un símbolo da fonte que non pasou á copia.
A sección "A Empresa" contén datos de cifras de negocio, cantidades producidas e número de empregados. Estes datos non se sabe a que ano corressponden, estarán sempre desactualizados e non hai referencia que os xustifique: a única referencia do artigo é a propia web da empresa e alí non se dan estes datos.
Na sección "Historia" volve a haber datos non referenciados (distribución en 30 países, empregos e cifra de negocios) e descontextualizados ("colabora co actual alcalde de Mondariz-Balneario", ¿actual, cando?).
Na sección "Honras" emprega unha redacción non enciclopédica ("recibiu numerosas honras das que destacamos: o premio de Crystal Taste Award 2011") e non xustifica quen nin por que descata ese premio. Na web da empresa menciona moitos máis recoñecementos.
- Borrar
- Borrar. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 19:44 (UTC)[responder]
- Borrar. E supoño que podía ser de borrado directo. --Atobar (conversa comigo) 24 de outubro de 2015 ás 20:08 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 21:26 (UTC)[responder]
- Borrar. ☣Banjo tell me 25 de outubro de 2015 ás 23:37 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 10:32 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. É unha empresa importante, creo que deberiamos melloralo en lugar de propoñer o seu borrado sen máis. Penso que non é a solución poñerse a borrar artigos que presentan eivas... o artigo ten o marcador de "atención" hai xa tres anos e non houbo problema ata agora (coincidindo coa malla), en lugar de borralo deberiamos propoñernos ir mellorándoo aínda que sexa aos poucos. Se hai tres anos que presenta este problema ben podemos esperar un pouco máis e solucionalo en lugar de borralo, se cadra deberiamos darlle prioridade. Eu se esperades uns meses me poño con el, mais agora teño outras cousas. --Piquito (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 21:00 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Piquito, eu penso que o artigo non paga a pena tal e como está, parte é copiado, outra parte non ten referencias e o resto ten máis erros, acábase antes empezándoo de novo que amañándoo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 00:05 (UTC)[responder]
- Comentario Os artigos copyvio son de borrado rápido, non de mellora. O copyvio non pode quedar no historial. --. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2015 ás 12:54 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
O artigo inclúe un marcador de atención que alude a súa falta de veracidade. Investigando un pouco, vin que no proxecto en castelán hai neste momento unha proposta para borralo na que se di o seguinte:
entre outras cousas... O editor, como xa comprobou HombreDHojalata resultou ser un monicreque doutro usuario como el mesmo confirmou. Que pensades? --AMPERIO (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 09:57 (UTC)[responder]El verdadero Borja/Borgia presidente de la Real Audiencia de Santa Fe de Bogotá fue Juan de Borja y Armendia y no Juan de Borja y Arnau. Se quiere maliciosa, temeraria y fraudulentamente tergiversar y suplantar el origen, nombre y vida del verdadero personaje que la historia si registra; así como también la de su auténtica descendencia que, del mismo modo, los historiadores y los genealogistas serios la acreditan ampliamente (véase la discusión en los respectivos artículos).----Durbo (discusión) 12:32 15 oct 2015 (UTC)
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 09:56 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Artigo xa borrado. --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de outubro de 2015 ás 11:43 (UTC)[responder]
- Comentario Claro, por iso está no arquivo a votación... --AMPERIO (conversa) 25 de outubro de 2015 ás 11:44 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Propoño o borrado do artigo por unha serie de circunstancias que me fan desconfiar del. O artigo foi creado polo Usuario:Armoniauniversal, curiosamente o mesmo nome que a editorial da persoa da que trata o artigo (citar que este usuario creou e editou a entrada da editorial). O artigo carece de referencias, de feito asegura que ten tocado como solista con diversas orquestras sinfónicas... cales? O certo é que metendo o seu nome en Google hai escasas referencias á súa persoa (a maioría son vídeos de YouTube), o que me fai cuestionar a súa relevancia enciclopédica. A maior relevancia que parece ter é como compositor dunha obra para locomotoras... non aparece no artigo... Creo que o artigo é un caso clarísimo de autopromoción.
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:22 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:25 (UTC)[responder]
- Borrar. Incumple a política de Conflito de intereses -☣Banjo tell me 28 de febreiro de 2015 ás 00:06 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 01:14 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 28 de febreiro de 2015 ás 19:18 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Soamente quero expresar que este articulo foi creado, hai xa moito tempo, co obxectivo de ser unha fonte de desambiguación, porque o nome e primeiro apelido da persoa tratada coincide cos doutro músico que, ademais, é familiar seu. Desgraciadamente, moitas das actividades musicais de Carlos Núñez Deza figuran ou foron promovidas co nome de Carlos Núñez, e iso creou confusións. Intentouse realizar con punto de vista neutral e é moi conciso, por iso ten a categoría de artigo nos seus primeiros pasos. Non se achegaron fontes, nin completado detalles —non soamente o relacionado coa "Sinfonía dos trens"—, pois a idea é que iso o realizasen persoas alleas e con diferentes visións.Soamente se incluíu a relación coa editorial, pois se quería facer un artigo sobre esta, de características similares a outras que figuran en Wikipedia. Pero en todo caso comprendo e respecto as decisións que tome a comunidade de Wikiedia, e sinceramente pido desculpas pola miña falta de coñecemento (máis ben ignorancia) á hora de formular estes artigos, que foron realizados coa mellor das intencións e sen ánimo de autopromoción, aínda que agora comprendo que non foi o caso. Grazas a todos e todas polo excelente traballo que realizades.--Armoniauniversal (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 08:42 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Propoño o borrado da páxina polo seguinte motivo: o nome do autor desta entrada é o mesmo que o título do artigo, polo que pode haber un conflito de intereses. Creo que habería que eliminalo e en tal caso esperar a que un usuario menos sospeitoso o creara de novo.
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:06 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:25 (UTC)[responder]
- Borrar. --Armoniauniversal (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:58 (UTC)[responder]
- Borrar. Incumple a política de Conflito de intereses -☣Banjo tell me 28 de febreiro de 2015 ás 00:06 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 01:15 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Sen interese enciclopédico. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2015 ás 22:22 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. Ben explicado en pt:Wikipédia:Páginas para eliminar/José Manuel Soares (fotógrafo): "precisa acrescentar fontes que mostrem que o biografado não é somente um excelente profissional no cumprimento do seu ofício. Procure ler os critérios de notoriedade da Wikipédia (WP:N)" e "Profissional fazendo seu trabalho com fontes demonstrando apenas sua existencia. Não somos deposito de curriculum vitae".--. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2015 ás 22:22 (UTC)[responder]
- Borrar. ☣Banjo tell me 14 de febreiro de 2015 ás 22:26 (UTC)[responder]
- Borrar, naturalmente. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de febreiro de 2015 ás 22:28 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 18 de febreiro de 2015 ás 14:44 (UTC)[responder]
- Borrar. Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2015 ás 11:56 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2015 ás 15:22 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Non quería publicar aínda a páxina. Quería editala (e ampliala) en galego por sentirme máis cómodo. Poden borrala. De todas formas, o de que eu son ese fotógrafo... é ridículo. lolTuriliu (conversa) 18 de febreiro de 2015 ás 14:22 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Non ten entidade para ter artigo de seu. A información relativa (e referencias) xa está incluída en dous parágrafos do artigo Castelao. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2015 ás 21:28 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2015 ás 21:28 (UTC)[responder]
- Borrar. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2015 ás 21:42 (UTC)[responder]
- Borrar. Xa din as razóns na súa conversa. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de xaneiro de 2015 ás 21:53 (UTC)[responder]
- Borrar. Caso claro. Ollo, que non creo que a relevancia a marque a extensión do artigo: pode haber persoeiros relevantes da Idade Media e máis antigos dos que non teñamos moito máis. Pero neste caso é irrelevante. --Norrin (Fálame) 15 de xaneiro de 2015 ás 07:58 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 15 de xaneiro de 2015 ás 10:20 (UTC)[responder]
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 15 de xaneiro de 2015 ás 10:47 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Artigo ao que non redirixe ningún outro, se cadra RTS. Ten marcador de revisión desde xullo de 2014. Non sei ata que punto nos compensa mantelo.--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 12:16 (UTC)[responder]
- Borrar
# Borrar. --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 12:16 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter É unha tradución do artigo en inglés, se xa temos o artigo, para que borralo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2015 ás 12:11 (UTC)[responder]
- Manter--. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2015 ás 21:40 (UTC)[responder]
- Manter Mantéñase entón. --AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 18:04 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- @Elisardojm: Certo, pero vendo como é o artigo inglés e o noso non entendo o por que do marcador de atención.--AMPERIO (conversa) 12 de xaneiro de 2015 ás 14:32 (UTC)[responder]
- Este artigo precisa dun traballo de revisión. O artigo precisa, a lo menos, de revisión ortográfica, de formato ... como tódolos comezados por Manuelcalvino (conversa · contribucións). --. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2015 ás 21:40 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
O artigo é incomprensible en boa parte, cunha redacción penosa chea de construcións portuguesas e frases sen sentido. O artigo ten a marca de atención desde o 2011 sen que ninguén o revisara (salvo correccións puntuais). O editor foi un tal Fredirib que editou varios artigos sobre este mesmo tema no verán de 2011, ata que deixou de editar en novembro dese ano. Outros artigos do mesmo, como por exemplo KrioRus (unha empresa rusa dedicada á criopreservación), tamén deberían ser borrados, pero xa haberá tempo de discutilo. Pedro --Lameiro (conversa) 7 de marzo de 2015 ás 23:13 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. Lembro o caso. Penso que foi unha campaña de publicidade crosswiki. Habería que borrar tamén Danila Medvedev e Valerija Pride (marcados con "Atención!!: As condicións de creación deste artigo están baixo sospeita."). --. HombreDHojalata.conversa 8 de marzo de 2015 ás 10:20 (UTC)[responder]
- Borrar. Eu tamén me lembro do caso e concordo con HombreDHojalata en que foi unha campaña de publicidade crosswiki porque tamén tiveron problemas noutras wikis. Tamén concordo con que se borren os artigos asociados por Modelo:GloriaVa.Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2015 ás 09:03 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2015 ás 11:54 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Creo que os motivos que se expoñen non xustifican o borrado do artigo. O tema do artigo, como expresa Banjo, é de interese, que a redacción sexa mala e que teña un marcador dende 2011 non son xustificación (hai marcadores de atención dende antes, e non digo un ano antes, refírome a 2008). Creo que en lugar de propoñer o borrado habería que poñerse a traballar nel. Sobre os outros artigos, xa se verá caso por caso, pero este creo que non hai motivos para borralo, mellor neutralizar o contido e corrixir os erros ortográficos que haxa nel. Piquito (conversa) 9 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario Aínda que concordo en que a creación do artigo é sospeitosa e con máis que posible intención promocional, considero que o artigo en sí ten cabida na wiki, aínda que necesita unha revisión a conciencia, tanto na estrutura e ortografía coma nas referencias que emprega e o incumprimento do punto de vista neutral. Ten unha orixe similar noutras wikis, con contido moi semellante, pero grazas a moitas revisións nesas wikis chegou a un punto aceptable... Posiblemente aquí supoña demasiado traballo e case seña mellor comezalo de cero partindo do contido actual que ten nalgunha destas outras wikis. De ahí o voto neutro, déixoo á opinión da maioría, aínda que reitero que é un artigo interesante para a wiki, se ben non tal e como se atopa actualmente. -☣Banjo tell me 9 de marzo de 2015 ás 09:21 (UTC)[responder]
Comentario En canto aos artigos relacionados que mencionades, concordo en que son máis que dubidosos en canto a súa orixe e intencións, todo indica que deberían ser borrados. -☣Banjo tell me 9 de marzo de 2015 ás 09:21 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Boas a todos. Creo que debería borrarse esta categoría, e tentarei explicar os motivos. Por contextualizar: o Ulster é unha das catro rexións tradicionais nas que está dividida a illa de Irlanda. Destas 4 rexións, 3 están completamente na República de Irlanda, mais o Ulster está dividido entre Irlanda do Norte (6 condados) e Irlanda (3 condados). Por isto penso que a clasificación de "Nados no Ulster" complica máis que simplifica:
- Nunha persoa categorizada en "Nados no Ulster" descoñécese se naceu en Irlanda do Norte ou na República de Irlanda, xa que "Nados no Ulster" terá por forza que ser categorizado nas dúas.
- Aínda máis: o Ulster non constitúe unha división oficial. Tampouco o constitúen os condados, mais estes si son útiles.
- Borrar
- Borrar. --Norrin (Fálame) 30 de marzo de 2015 ás 06:43 (UTC)[responder]
- Borrar. --☣Banjo tell me 30 de marzo de 2015 ás 10:06 (UTC)[responder]
- Borrar. Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2015 ás 11:48 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 13 de abril de 2015 ás 21:27 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Xa existindo as categorías de nados en Irlanda por condado/cidade e nados en Irlanda do Norte por condado/cidade, esta resulta redundante. ☣Banjo tell me 30 de marzo de 2015 ás 10:06 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Artigo sen relevancia enciclopédica.
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2015 ás 00:36 (UTC)[responder]
- Borrar. ☣Banjo tell me 29 de maio de 2015 ás 23:14 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 30 de maio de 2015 ás 08:34 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2015 ás 20:44 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Penso que este modelo non ten razón de ser, explícome: no seu modelo eliminouse a caixa de información específica de Galicia mudándoa pola da primeira entidade subestatal para non darlle un trato de favor a Galicia... este caso é igual, temos o modelo "cidade", que podemos ampliar para que haxa máis campos (por exemplo as linguas faladas en cada cidade, no noso caso o número de castelán-falantes). Penso que o lóxico sería estandarizar todas as caixas para evitar tratos de favor, sexa a Galicia, Suíza, os Países Baixos, ou Vanuatu, unha caixa para todas as poboacións e xa está. Piquito (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 14:25 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 14:25 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Estás a propoñer que se borre un modelo semiprotexido empregado en 318 artigos de concellos, adaptado para amosar información dos concellos galegos de forma particular, cun código e parámetros totalmente distinto ao de {{cidade}} e para o que non hai alternativa válida actualmente. De existir alternativa, podería buscarse un consenso para usala en vez do modelo actual, pero non ten sentido borrar sen máis o modelo. ☣Banjo tell me 4 de setembro de 2015 ás 17:06 (UTC)[responder]
- Banjo, tampouco é que o haxa que borrar, pode deixar de empregarse e quedar como un recordo do que foi a Galipedia (como pasou se non recordo mal co modelo de Galicia). Que mais dá que sexa un modelo semiprotexido? Si, se emprega en 318 artigos de concellos, pero máis artigos de cidades tiñan títulos duplos e se fixo igual, que problema hai logo? Achega información de concellos galegos de xeito particular... e non se pode dar esa mesma información de outras cidades? Do código non digo nada, pero os parámetros da modelo "cidade" se poden ampliar para achegar aínda máis información. Realmente o único distinto que aporta este modelo respecto do de cidade son as entidades de poboación (creo que pouco relevante, xa ten unha sección no corpo do artigo e realmente non indica nada importante, pero podería adaptarse e nos valería tamén, por exemplo, para os concellos de Portugal -indicaríanse as freguesías-), a capital do concello, os grupos políticos do concello (sinceiramente, creo que se debe eliminar esa sección da caixa, máis aínda porque aparecen tres partidos predeterminados, en calquer caso, eses datos se poden incluir no corpo do artigo, non aportan nada na caixa, que penso debera ter a información máis relevante, e a política non o é, ou non o é tanto), e o uso do galego (podemos incluir no modelo das cidades as linguas faladas, moi práctico para cidades de territorios con varias linguas oficiais como Cataluña, Finlandia, Euskadi, Suráfrica...) Isto é, tan só teriamos que incluir un apartado para as linguas onde poñer, por exemplo, a porcentaxe de falantes de sueco de Turku, e como moito as entidades de poboación. O modelo da cidade aporta cousas que non aporta o do concello, coma o código postal ou a altitude (esto para min si que ten unha relevancia real nun artigo sobre xeografía e non se o partido X ten 1, 2 ou 50 concelleiros). Dito isto, creo que non é un modelo tan imprescindible como Banjo pretende facer ver. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 22:06 (UTC)[responder]
- Non pretendo nada, eu non dixen que sexa imprescindible. Estou indicando que estás a propoñer unha votación para o borrado dun modelo para o que non hai substituto. Para iso son este tipo de votacións, para borrar. Se queres adaptar {{cidade}} para que sirva nos concellos galegos faino aquí e fai a proposta correspondente, ben na taberna ou nunha votación propia para iso. Se tras iso se acada un consenso perfecto, faise o cambio e punto. Propoñer unha votación de borrado dun modelo para cambialo por outro que todavía non está adaptado achégase demasiado a ser un xogo. ☣Banjo tell me 4 de setembro de 2015 ás 23:27 (UTC)[responder]
- Comentario Haxa paz. Estou de acordo co fondo do que di Piquito, mais certamente o modelo non ten alternativa hoxe, como di Banjo: o Modelo:Cidade é certamente precario e con pouca información. Penso que a solución sería crear un modelo único para provincias, comarcas, concellos, etc. de calquera país, do estilo do Template:Infobox settlement da wiki en inglés, que teña en común todo o posible co Modelo:País e Modelo:Primeira entidade subestatal, mais retirando o que non corresponda. Mais sería necesario crear unha alternativa sólida antes (o modelo cidade non a é). --Norrin (Fálame) 7 de setembro de 2015 ás 06:59 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Creo que este modelo é innecesario, xa que temos o modelo xenérico "cidade" que en realidade vale para calquera localidade do mundo. Penso que sería boa idea estandarizar todas as caixas de cidades (tamén hai ou había de Suíza, Países Baixos...) Piquito (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 14:06 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 14:06 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
O Porqué do modelo está explicado aquí. {{Cidade}} no seu estado actual non vale para as localidades de Liechtenstein, que teñen bandeiras en formato vertical. A única diferencia entre {{cidade}} e {{cidade Liechtenstein}} é o tamaño que se lle asigna á bandeira. De modificarse {{cidade}} para que non teña problema con estas bandeiras pode cambiarse de novo a ese e borrarse {{cidade Liechtenstein}}. Non fai falla unha votación para que se borre. ☣Banjo tell me 4 de setembro de 2015 ás 16:57 (UTC)[responder]
- O ideal sería que o modelo cidade visualizara correctamente as bandeiras que usan en Liechtenstein pero non sei se se poderá, se teño un momento tentarei comparalo co de wiki.es para ver se podemos adaptalo aquí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 23:59 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Irrelevante (tamén illado e sen referencias). Traducido da Wikipedia en castelán (/onde foi borrado varias veces) [2]
- Borrar
- Borrar --. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2015 ás 15:44 (UTC)[responder]
- Borrar --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 1 de setembro de 2015 ás 19:30 (UTC)[responder]
- Borrar -- 100k followers son poucos en termos do propio YouTube. Un par de novas na web, pouco máis. 1 hit wonder ☣Banjo tell me 1 de setembro de 2015 ás 19:38 (UTC)[responder]
- Borrar --Elisardojm (conversa) 1 de setembro de 2015 ás 20:15 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter, Lory Money é un rapeiro relativamente mediático, non é un 1 hit wonder e é coñecido abondo. Creo que hai personalidades cos mesmos méritos (e mesmo menos) que teñen entrada na Galipedia, así que: por que non? Piquito (conversa) 1 de setembro de 2015 ás 21:07 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario
- "Lory Money vs Ismaël Lô". Google Trends. Categoría:Personalidades da música do Senegal. 1 de setembro de 2015.
- "Lory Money vs TotalBiscuit vs PewDiePie vs Germán Garmendia". Google Trends. Categoría:Personalidades de internet. 1 de setembro de 2015.
- ☣Banjo tell me 1 de setembro de 2015 ás 22:08 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Boas! Penso que deberíamos borrar as categorías Categoría:Nados en Transilvania e Categoría:Nados en Valaquia, xa que actualmente Romanía divídese oficialmente en condados, e as citadas rexións (coa terceira de Moldova) non constitúen divisións oficiais. O problema de manter divisións inoficiais, se non hai unha clara necesidade, é que ditas "rexións tradicionais" teñen límites difusos e non aporta nada ter ditas categorías no canto da división (oficial) por condados.
- Borrar
- Borrar. --Norrin (Fálame) 1 de setembro de 2015 ás 13:01 (UTC)[responder]
- Borrar. Mellor por condados. ☣Banjo tell me 1 de setembro de 2015 ás 13:16 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2015 ás 15:43 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 1 de setembro de 2015 ás 20:01 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Transilvania é unha rexión histórica e creo que é útil categorizar ás persoas dunha importante rexión histórica. Dentro da categoría poden ir os condados da rexión, digo eu. Piquito (conversa) 1 de setembro de 2015 ás 21:02 (UTC)[responder]
- Usuario:Piquito, o problema é que os límites territoriais das rexións históricas non están, polo xeral, claros, e neste caso particular tampouco. --Norrin (Fálame) 2 de setembro de 2015 ás 13:03 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
O artigo reúne varias características que me moven a propoñer o seu borrado. Non estou perfectamente convencido de facelo, pero creo que a comunidade debe opinar sobre el. Creo que é unha mestra, sen maior relevancia que ser a directora dun colexio privado durante os anos do franquismo, onde era especialmete difícil para unha muller. Ademais, foi filla predilecta de Taboada.
O artigo foi creado por Manuel Barral, e este é o seu primeiro e único artigo creado. Existe unha campaña para que lle concedan a Luz Muinelo unha rúa no concello de Taboada[nota 1]. Non teño elementos que me permitan estar seguro de que Manuel Barral é un dos veciños que promoven esta candidatura.
O artigo incluía unha fotografía, asinada por Manuel Barral, que contravén os principios do copyright, e que parece tirada dun álbum familiar (o que podería indicar que Barral é un parente). De novo, non teño argumentos sólidos.
Para min é un posible caso de autopromoción ou de emprego da Wikipedia como ferramenta para unha campaña; é ademais unha persoa que está nos límites do que eu entendo como notabilidade.
- Borrar
- Borrar. Artigo totalmente irrelevante e sen interés. Non entendo como o que propón o borrado vota neutro, se o propón será porque considera que debe ser borrado, logo outra cousa é que efectivamente a comunidade se pronuncie para manter o artigo. Piquito (conversa) 16 de agosto de 2015 ás 18:49 (UTC)[responder]
- Propóñoo, como digo, porque dende a miña perspectiva está no límite de ser borrado. Prefiro escoitar os motivos dos demais antes de decantarme cara a un ou outro lado. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de agosto de 2015 ás 22:03 (UTC)[responder]
- Borrar O artigo non ten contido relevante para estar na enciclopedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de agosto de 2015 ás 23:43 (UTC)[responder]
- Borrar. Non atopo referencias, nin bibliográficas nin na rede que acrediten a relevancia enciclopédica. Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria. --. HombreDHojalata.conversa 17 de agosto de 2015 ás 06:58 (UTC)[responder]
- Borrar. ☣Banjo tell me 17 de agosto de 2015 ás 07:35 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- O usuario autor do artigo deixou esta explicación na miña páxina de conversa, para que a teñades en consideración.
- Borrado por solicitude do propio autor do artigo. ☣Banjo tell me 23 de agosto de 2015 ás 17:45 (UTC)[responder]
- Notas