KrioRus
KrioRus é unha empresa rusa que presta servizos na área da criónica e criopreservación. Ofrece a posibilidade de criopreservación neuronal ou criopreservación de corpo enteiro e incluso ofrece a posibilidade de criopreservación de ADN. Ata agosto de 2011, a KrioRus xa crioxenizara 17 pacientes humáns[1], 2 gatos[2], 4 cans e 2 paxáros.
KrioRus | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 2005 |
Localización | Moscova |
Fundador | Danila Medvedev Valerija Pride |
Industria | Criónica Investigación e desenvolvemento |
Produtos | Criopreservación |
Na rede | |
kriorus.ru ![]() | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn 2005 oito crionicistas rusos fundaron KrioRus na contorna de Moscova. A súa primeira paciente foi Lidia Fedorenko Ivanovna, un caso que se fixo famoso en toda Rusia ao ser mantida durante meses en xeo seco (-80 graos), ata a creación de KrioRus. As súas instalacións de almacenaxe a longo prazo están situadas en Alabushevo, nas aforas de Moscova.
Organización
editarEn 2011, KrioRus estaba composta por: [3]:
Director xeral | Valerija Pride |
Director científico | Igor Artyukhov |
Presidente | Danila Medvedev |
Servizos
editarKrioRus ofrece a posibilidade de criopreservación de humáns e animais. Existe a posibilidade de criopreservación neuronal (só a cabeza) cun custo de 10.000 dólares ou criopreservación de corpo enteiro cun custo de 30.000 dólares[4]. A criopreservación de animais, depende do seu tamaño, pero ten un custo medio de 5.000 dólares. Existe tamén a posibilidade de criopreservación de ADN.
KrioRus presta servizos a persoas de todo o mundo. Xa foron crioxenados varios pacientes ao longo de Europa, desde Portugal a Ucraína entre outros.
Notas
editar- ↑ 17 Paciente Criopreservado
- ↑ "2º Gato Criopreservado". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2011.
- ↑ "Apresentación da KrioRus". Danila Medvedev. Consultado o 2011-01-01.
- ↑ "Servizos KrioRus". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2011. Consultado o 15 de agosto de 2011.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina Oficial KrioRus (en varias linguas).
- Publicacións acerca da KrioRus (en varias linguas).