Criopreservación

Criopreservación ou crioconservación é un proceso onde células ou tecidos biolóxicos son preservados a través da conxelación a temperaturas moi baixas, xeralmente −196 °C (o punto de ebulición do nitróxeno líquido).

Criopreservación de rebentos de plantas.

Criopreservación de células estaminais editar

A criopreservación de células estaminais é a técnica de illar e manter as células nai a baixas temperaturas para que toda a súa composición permaneza inalterada e a súa viabilidade mantida por tempo indefinido. O proceso de criopreservación require que as mostras de sangue, que contén células nai, sexan sometidas a un arrefriamento moderado e controlado para salvagardar a viabilidade das células. Tras a chegada á temperatura de 196 º negativos as células estaminais poderán ser mantidas neste estado por tempo indefinido.

Proceso editar

No momento que as mostras de sangue, que conteñen as células estaminais, chegan ao laboratorio procédese ao procesamento de viabilidade, en que é feita a contaxe* celular que determina o número de leucocitos, o número de células mononucleadas e o número de células CD34+. Esta fase engloba, ademais, as probas que indicarán se a mostra está ou non contaminado por bacterias, virus ou fungos. Tras a separación celular, en que son separadas as células estaminais das varias células que constitúen o noso sangue, procédese á fase da Criopreservación - cada mostra é debidamente identificada e rotulada procedéndose, de seguida, á baixada gradual de temperatura, a unha velocidade controlada dos 4 °C ata os 120 °C negativos. A continuación a mostra colócase nun contedor de nitróxeno líquido á temperatura de -196 °C, podendo ser criopreservada por tempo indeterminado. O control de baixada de temperatura diminúe a posibilidade de perda de viabilidade celular da mostra evitando a formación de cristais de xeo no seu interior.