O CD34 (cluster de diferenciación 34) é unha glicoproteína situada na superficie de certas células, que funciona como un factor de adhesión celular. Pode tamén mediar a adhesión de células nais á matriz extracelular da medula ósea ou directamente ás células do estroma. Está codificada no xene CD34 do cromosoma 1 humano.[1][2][3]

FunciónEditar

A proteína CD34 é un membro da familia das proteínas sialomucinas que atravesan unha soa vez a membrana, que se expresan nos tecidos hematopoéticos inicias e tecidos vasculares asociados.[4] Porén, sábese pouco sobre a súa función exacta.[5]

O CD34 é unha importante molécula de adhesión, que se require para que as células T entren nos ganglios linfáticos. Exprésase nos endotelios dos ganglios linfáticos, e a proteína coa que se une, a L-selectina, encóntrase na célula T.[6][7] Polo contrario, noutras circunstancias o CD34 actúa como unha especie de "Teflon" molecular que bloquea a adhesión de mastocitos, ou facilita a apertura do lume vascular.[8][9] Sexa cal for o seu modo de acción, o CD34 e os seus similares podocalixina e endoglicano sempre facilitan a migración celular.[10][11]

Distribución nos tecidosEditar

As células que expresan o CD34 (chamadas CD34+) encóntranse normalmente no cordón umbilical e medula ósea e son células hematopoéticas, certas células nais mesenquimáticas, células proxenitoras endoteliais, células endoteliais dos vasos sanguíneos pero non dos vasos linfáticos (excepto dos vasos pleurais linfáticos), mastocitos, certo grupo de células dendríticas (as cales son negativas para o factor XIIIa) situadas nos intersticios e arredor das estruturas anexas da derme da pel, e tamén células en tumores de tecidos brandos como dermatofibrosarcoma protuberans (DFSP), tumor estromático gastrointestinal (GIST), tumor fibroso solitario (SFT), hemanxiopericitoma (HPC), e en certo grao no tumor de vaíña de nervios periféricos maligno (MPNST) etc.

Aplicacións clínicasEditar

A células CD34+ poden illarse de mostras de sangue usando métodos inmunomagnéticos ou inmunofluorescentes.

Úsanse anticorpos para cuantificar e purificar células nais proxenitoras hematopoéticas para a investigación ou para o transplante de medula ósea. Porén, a contaxe de células CD34+ mononucleares pode sobreestimar os mieloblastos en frotis de medula ósea debido á presenza de precursores dos linfocitos B e de megacariocitos CD34+.

As células detectadas como CD34+ e CD38- son dun tipo primitivo indiferenciadas, é dicir, son células nais multipotenciais hematopoéticas. Deste xeito, poden seleccionarse estas células indiferenciadas, debido á súa expresión de CD34+.

En tumores, o CD34 átópase en sarcomas de partes brandas alveolares, preB-ALL (positivos o 75%), leucemia mielóxena aguda (40%), leucemia mielóxena aguda-M7 (a maioría), dermatofibrosarcoma protuberans, tumores estromáticos gastrointestinais, fibroblastoma de célula xigante, sarcoma granulocítico, sarcoma de Kaposi, liposarcoma, histiocitoma fibroso maligno, tumores de vaíña de nervios periféricos malignos, hemanxiopericitomas menínxeos, meninxiomas, neurofibromas, schwannomas, e carcinoma tiroide papilar.

Un CD34 negativo exclúe o sarcoma de Ewing/PNET, miofibrosarcoma de mama, e tumor miofibroblástico inflamatorio de estómago.

Aplicouse clinicamente a inxección de células nais hematopoéticas CD34+ para tratar varias doenzas, como as lesións de medula espiñal,[12] cirrose hepática[13] e a enfermidade vascular periférica.[14] Certas investigacións atoparon que as células CD34+ son relativamente máis numerosas nos homes ca nas mulleres en idade reprodutiva entre vítimas de lesións de medula espiñal.[15]

InteracciónsEditar

O CD34 interacciona con CRKL.[16] Tamén interacciona coa L-selectina, o que é importante nas inflamacións.

NotasEditar

  1. "Entrez Gene: CD34 CD34 molecule". 
  2. Simmons DL, Satterthwaite AB, Tenen DG, Seed B (1 January 1992). "Molecular cloning of a cDNA encoding CD34, a sialomucin of human hematopoietic stem cells". J. Immunol. 148 (1): 267–71. PMID 1370171. 
  3. Satterthwaite AB, Burn TC, Le Beau MM, Tenen DG (1992). "Structure of the gene encoding CD34, a human hematopoietic stem cell antigen". Genomics 12 (4): 788–94. PMID 1374051. doi:10.1016/0888-7543(92)90310-O. 
  4. Nielsen JS, McNagny KM (2008). "Novel functions of the CD34 family". J of Cell Science 121 (Pt 22): 3682–3692. PMID 18987355. doi:10.1242/jcs.037507. 
  5. Furness SG, McNagny K (2006). "Beyond mere markers: functions for CD34 family of sialomucins in hematopoiesis". Immunol. Res. 34 (1): 13–32. PMID 16720896. doi:10.1385/IR:34:1:13. 
  6. Berg EL, Mullowney AT, Andrew DP, Goldberg JE, Butcher EC (1998). "Complexity and differential expression of carbohydrate epitopes associated with L-selectin recognition of high endothelial venules". Am. J. Pathol. 152 (2): 469–77. PMC 1857953. PMID 9466573. 
  7. SSuzawa K, Kobayashi M, Sakai Y, Hoshino H, Watanabe M, Harada O, Ohtani H, Fukuda M, Nakayama J (2007). "Preferential induction of peripheral lymph node addressin on high endothelial venule-like vessels in the active phase of ulcerative colitis". Am. J. Gastroenterol. 102 (7): 1499–509. PMID 17459027. doi:10.1111/j.1572-0241.2007.01189.x. 
  8. Drew E, Merzaban JS, Seo W, Ziltener HJ, McNagny KM (2005). "CD34 and CD43 inhibit mast cell adhesion and are required for optimal mast cell reconstitution". Immunity 22 (1): 43–57. PMID 15664158. doi:10.1016/j.immuni.2004.11.014. 
  9. Strilić B, Kucera T, Eglinger J, Hughes MR, McNagny KM, Tsukita S, Dejana E, Ferrara N, Lammert E (2009). "The molecular basis of vascular lumen formation in the developing mouse aorta". Dev Cell 17 (4): 505–15. PMID 19853564. doi:10.1016/j.devcel.2009.08.011. 
  10. Blanchet MR, Maltby S, Haddon DJ, Merkens H, Zbytnuik L, McNagny KM (2007). "CD34 facilitates the development of allergic asthma". Blood 110 (6): 2005–12. PMID 17557898. doi:10.1182/blood-2006-12-062448. 
  11. Maltby S, Wohlfarth C, Gold M, Zbytnuik L, Hughes MR, McNagny KM (2010). "CD34 Is Required for Infiltration of Eosinophils into the Colon and Pathology Associated with DSS-Induced Ulcerative Colitis". Am J Path 177 (3): 1244–54. PMC 2928958. PMID 20696776. doi:10.2353/ajpath.2010.100191. 
  12. Srivastava A, Bapat M, Ranade S, Srinivasan V, Murugan P, Manjunath S, Thamaraikannan P, Abraham S (2010). "Autologous Multiple Injections of in Vitro Expanded Autologous Bone Marrow Stem Cells For Cervical Level Spinal Cord Injury - A Case Report". Journal of Stem Cells and Regenerative Medicine. 
  13. Terai S, Ishikawa T, Omori K, Aoyama K, Marumoto Y, Urata Y, Yokoyama Y,Uchida K, Yamasaki T, Fujii Y, Okita K, Sakaida I (2006). "Improved liver function in patients with liver cirrhosis after autologous bone marrow cell infusion therapy". Stem Cells 24 (10): 2292–8. PMID 16778155. doi:10.1634/stemcells.2005-0542. 
  14. Subrammaniyan R, Amalorpavanathan J, Shankar R, Rajkumar M, Baskar S, Manjunath SR, Senthilkumar R, Murugan P, Srinivasan VR, Abraham S (2011). "Application of autologous bone marrow mononuclear cells in six patients with advanced chronic critical limb ischemia as a result of diabetes: our experience". Cytotherapy 13 (8): 993–9. PMID 21671823. doi:10.3109/14653249.2011.579961. 
  15. Dedeepiya V, Rao Y Y, Jayakrishnan G, Parthiban JKBC, Baskar S, Manjunath S, Senthilkumar R and Abraham S (2012). "Index of CD34+ cells and mononuclear cells in the bone marrow of Spinal cord Injury patients of different age groups- A comparative analysis". Bone Marrow Research. 
  16. Felschow, D M; McVeigh M L, Hoehn G T, Civin C I, Fackler M J (2001). "The adapter protein CrkL associates with CD34". Blood (United States) 97 (12): 3768–75. ISSN 0006-4971. PMID 11389015. doi:10.1182/blood.V97.12.3768. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar