Lume (bioloxía)
En bioloxía e anatomía, o lume (do latín lūmen, abertura ou luz), tamén chamado luz, é o espazo interior dunha estrutura tubular ou cavidade, como o dunha arteria ou o do intestino.[1]
Por extensión, o lume pode ser tamén o espazo interno dun compoñente ou estrutura celular, como o retículo endoplasmático.
Moitos procedementos médicos realízanse accedendo polo lume dos vasos e órganos, como as endoscopias de estómago, vaxina, vexiga urinaria, colon etc. e certas operacións cirúrxicas como as anxioplastias e outras.
Diversos parasitos, como as lombrigas Ascaris, viven na luz dun órgano do seu hóspede.
Exemplos
editar- O interior dun vaso sanguíneo, é dicir, o espazo central dunha arteria ou vea polo cal flúe o sangue é o seu lume ou luz do vaso. As substancias que reducen a luz dun vaso denomínanse vasoconstritoras, e as que a aumentan, vasodilatadoras.
- O interior do tracto gastrointestinal (luz gástrica, lume duodenal etc.).[2]
- As vías bronquiais dos pulmóns e demais vías aéreas.
- O interior dos túbulos renais.
- O interior da vaxina, útero, trompas de Falopio.
- Dentro dunha célula, o lume pode ser o espazo interno dun tilacoide, ou o do retículo endoplasmático, aparato de Golgi, lisosoma, mitocondria, microtúbulo, vesícula etc.
Notas
editar- ↑ Stedman's Medical Dictionary, 24th ed.
- ↑ Adds, John; Erica Larkcom, Ruth Miller. Exchange and transport, energy and ecosystems. Nelson Advanced science (Nelson Thornes). p. 16. ISBN 0-7487-7487-4.