O colon é a porción principal do intestino groso, onde se continúa absorbendo auga e nutrientes minerais dos alimentos e serve como área de almacenamento das feces. No home é un tubo muscular de aproximadamente un metro e medio de longo.

Intestino groso humano. Véxase o colon ascendente, transverso e descendente.

O colon consta de catro seccións:

  • Colon ascendente ou dereito: é a primeira sección e comeza na área de unión co intestino delgado. A primeira porción do colon ascendente chámase cego e é onde o apéndice se une ó colon. O colon ascendente esténdese cara a arriba polo lado dereito do abdome.
  • Colon transverso: é a segunda sección e esténdese a través do abdome ó lado dereito cara ó lado esquerdo. Os seus dous extremos forman dous ángulos que se chaman:
    • O ángulo hepático do colon, localizado na lado dereito sendo a unión do colon ascendente co colon transverso.
    • O ángulo esplénico do colon, localizado no lado esquerdo, sendo a unión do colon transverso co colon descendente.
  • Colon descendente ou esquerdo: é a terceira sección e continúa cara a abaixo polo lado esquerdo.
  • Colon sigmoide ou sigma: é a cuarta sección e chámase así pola forma de S. O colon sigmoide únese ó recto, e este únese ó ano

A parede de cada unha destas seccións do colon e do recto ten varias capas de tecido. O cancro colorrectal orixínase na capa máis interna e pode crecer a través dalgunha ou de todas as demais capas.

Funcións do colon

editar

O intestino groso serve para o proceso de absorción de auga e electrolitos (as substancias nutritivas foron xa absorbidas no intestino delgado) e de lugar de formación e reservorio das feces, polo que na súa estrutura histolóxica destaca a presenza de células epiteliais e glándulas de secreción de moco.

O colon está amplamente colonizado por bacterias comensais que sintetizan vitamina K e ácido fólico como:

A flora do colon colabora na conversión do amidón e os seus derivados a d-glicosa para que esta sexa absorbida, no proceso libera metano CH4 (en forma gasosa), o cal absórbese en función ás necesidades fisiológicas como cadeas de ácidos graxos.

Irrigación do colon

editar

A parte dereita do intestino groso recibe ramas da arteria mesentérica superior. A partir da metade do colon transverso, a parte esquerda recibe ramas da arteria mesentérica inferior; 1) arteria cólica esquerda; 2) arterias sigmoideas; 3) a rama terminal é a arteria rectal superior. As ramas da mesentérica superior e inferior anastomósanse no colon transverso. As veas levan un curso análogo ó das arterias e van confluír na vea mesentérica inferior, que se une á esplénica e mesentérica superior para formar a vea porta.

Histoloxía do colon

editar

Non presenta glándulas, nin microvellosidades nin válvulas conniventes. Presenta, na serosa, evaxinacións. Unha evaxinación chea de tecido adiposo constitúe un apéndice epiploico.

No intestino groso hai unha gran cantidade de células caliciformes. As poboacións celulares epiteliais son as mesmas do intestino delgado, pero varía a cantidade.

Ás criptas intestinais adóitaselles chamar criptas de Lieberkuhn, e algúns chegan a falar de glándulas de Lieberkuhn.

Neuronas estreladas eferentes multipolares heterópodas forman parte dos ganglios intraparietales parasimpáticos.

Innervación do colon

editar

Non difire do resto do tramo dixestivo que está innervado polo sistema nervioso autónomo, máis que no feito de que ata o terzo proximal do colon transverso aproximadamente a innervación parasimpática provén do vago, mentres que máis distalmente recibe ramos do plexo sacro que provén da medula espiñal (núcleo parasimpático sacro localizado entre os segmentos S2 e S4). A innervación simpática procede dos nervios esplácnicos lumbares e sacros.

Exploración do colon

editar

O intestino groso pódese explorar mediante:

  • Enema opaco.
  • Endoscopia: Segundo a profundidade á que se introduza o endoscopio, pódese realizar unha rectoscopía, rectosigmoidoscopía ou sigmoidoscopía e colonoscopía, que pode ser parcial se non se chega a visualizar todo o colon e total se se alcanza ata cego.
  • Tomografía computadorizada: É a proba menos sensible e específica para explorar o colon

Enfermidades do colon

editar