Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA

(Redirección desde «The Maldives Song»)

A participación das Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA comeza no Festival Televisivo da Canción da URA 2014, en Macau.[1] A participación do país é organizada pola cadea nacional Television Maldives.

Maldivas

Estación membro TVM
Final nacional
Aparicións 2
Primeira aparición 2014
Mellor resultado
Final Festival non competitivo
Semifinal Festival non competitivo
Peor resultado
Final Festival non competitivo
Semifinal Festival non competitivo
Ligazóns externas
[ Páxina de Maldivas en ]

Participación editar

Ano Artista Lingua Título
2014 Mooshan Dhivehi "Rannamaari"
2015 Unoosha Inglés e dhivehi "The Maldives Song"

2015 editar

O 25 de agosto de 2015 anunciouse a Unoosha e á canción "The Maldives Song" como representantes das Maldivas ao Festival Televisivo da Canción da URA 2015 que tería lugar o 28 de outubro de 2015 en Istambul, Turquía.[2][3]

"The Maldives Song" foi lanzada o 28 de maio do 2011[Cómpre referencia]. A meirande parte da canción está en inglés aínda que no estribillo contén verbas en dhivehi como Mi ee Maldives ou Maruhabaa (benvido). Tamén ten unha estrofa completamente en dhivehi.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. eurovoix.com (ed.). "ABU TV Song Festival 2014: 12 countries confirmed so far". 
  2. Vaguthu (ed.). "Unoosha to perform in ABU TV Song Festival". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  3. "THE MALDIVES SONG LYRICS - UNOOSHA ft HARUBEE & BARCHIE". Consultado o 31 de outubro de 2015.