Unoosha

cantante maldivana

Mariyam Unoosha, nada en Malé o 6 de outubro de 1985, é unha cantante e compositora das Maldivas, coñecida como Unoosha. Gañou premios e actuou en shows nas Maldivas e outros países. Representou ás Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA no 2015 coa canción "The Maldives Song".

Infotaula de personaUnoosha

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Malé, Maldivas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMaldivas Editar o valor em Wikidata
EducaciónAminiyya School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua maldivana Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webunoosha.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: Unoosha Twitter: unoosha Genius: Unoosha Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Completou os seus estudos na Escola Aminiyya. Os seus pais (Shafeega e Mr. Naseer) foron estrelas musicais nas Maldivas coa banda Olympians.

Unoosha fixo o seu debut en Bollywood no filme erótico-suspense do director Pooja Bhatt de 2012 Jism 2. Tivo a oportunidade de facer este filme cando estaba no Festival de Filmes de Asia do Sur en Goa. Bhatt ouviu a Unoosha cantar no festival. A canción titulada "Hey Walla" foi composta por Abdul Basit Sayeed e co-escrita por Unoosha.[1]

Unoosha gravou a súa segunda canción de Bollywood con Ali Azmat e KK. A canción, titulada "Kahaan Se Karen Shuru" foi composta por Arko Pravo Mukherjee. Esta foi a primeira canción de Bollywood de Unoosha en hindi.[2]

Logros editar

Unoosha foi a única cantante embaixadora oficial de Nestleé e embaixadora local da compañía telefónica das Maldivas Dhiraagu.[3] Unoosha foi galardoada como Mellor Cantora nos Maldives Video Music Awards en 2010, Enchanteur Maldives Film Awards en 2011 e nos SunFM Awards en 2010.[4]

Representou ás Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA no 2015 coa canción "The Maldives Song".[5]

Notas editar

  1. "Pooja Bhatt to introduce a new singing sensation with Jism 2". Bollywood Hungama. 
  2. "Music Review : Jism 2". India Times. 
  3. "Dhiraagu Launches ‘Connect Your Life’ Campaign". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  4. "SunFM Awards". Haveeru. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  5. VNEWS (ed.). "Unoosha performs at ABU TV Song Festival 2015". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2015.