Vocabulario ortográfico da lingua galega

listaxe de vocabulario do galego

O Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG, habitualmente pronunciado /bolga/) é a aplicación das prescricións indicadas nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, redactadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, e asumidas por lei. Malia circular en copias privadas durante anos, no ano 2004 por fin apareceu publicado oficialmente en papel por estas dúas institucións baixo a coordinación de Manuel González González e de Antón Santamarina Fernández, co cal se creou a base normativa de facto (non de iure) para calquera obra lexicográfica xeral do galego.

Correccións ó VOLG

editar

Debido a que o VOLG é simplemente un listaxe ortográfico coa categoría gramatical, convén aclarar as formas flexionadas, derivadas e conxugadas que presenten dúbidas.

Aclaracións necesarias na aplicación das NOMIG e do VOLG

editar

As NOMIG e a súa reforma de 2003, das cales o VOLG non é máis ca unha plasmación práctica, son un paso importante para a normalización do galego, pero:

  • 2.1a: a prescrición do VOLG respecto á fala si se dá para:
  • o que nas regras de acentuación se estableza para as sílabas tónicas e a cantidade total delas;
  • o que no uso dos diacríticos se estableza para o grao de abertura das vogais medias;
  • o que no uso da diérese se promulgue para os encontros tautosilábicos ou heterosilábicos na conxugación de determinados verbos (ï para o copretérito de verbos rematados en aer, oer, air e oir);
  • o que no uso práctico das normas (é dicir, na súa aplicación, que é o VOLG) se estableza para a divisións silábica dos encontros vocálicos átonos das semiesdrúxulas ou esdrúxulas;
  • 2.2: no relativo concretamente á pronuncia da contracción ao, as NOMIG especifican explicitamente que a súa pronuncia será de vogal velar semiaberta;
  • 2.3: outro tanto pódese aplicar á norma léxica: que unha palabra non apareza no VOLG non indica que sexa incorrecta, simplemente non está recollida (esta idea está moi estendida, tanto no que respecta á normativa do galego coma verbo do dicionario da RAE);
  • 3: cando as NOMIG e o VOLG dan dúas posibilidades e unha delas coma prefente hai que tomalo coma tal: pódense usar as dúas alternativas pero dáse unha preferencia oficial (se se quere, recomendación) por unha delas. Nalgúns casos a preferencia da normativa anterior á reforma era a inversa da posterior, probablemente coma método de integración de innovacións á normativa e sistema de transición gradual a unha normativa futura diferente da anterior;

Fe de erros: os erros do VOLG

editar

Orde segundo a característica anotada

editar

Cuestións de ortografía

editar

Conxugación verbal e simplificación de grupos consonánticos

editar

Nos verbos que, nalgunhas das súas formas ao longo da conxugación, poidan presentar ocasionalmente unha combinación que debería simplificarse, o grupo consonántico mantense por analoxía coa grafía do resto das formas da conxugación. Exemplo disto sería:

  • reflectir, que nas persoas do tempo presente é reflicto, reflictes, reflicte, ...;

Cando unha palabra composta é separada por guión, cada unha das súas partes recibe o til gráfico independentemente, e en coherencia con isto:

  • non levan acento gráfico os adverbios rematados en mente, mesmo se están cortados dentro dunha enumeración de varios: drastica e definitivamente (non *drástica e definitivamente);
  • no uso da segunda forma do artigo, consignarase se lle corresponde a cada palabra por separado: rematara-lo leite pero rematará-lo leite;

Un caso especial da primeira regra citada é o seguinte:

  • ye-yé (...), pl. ye-yés

O acento gráfico poderíase considerar anormal pero non diacrítico, pois consígnase coa única función de obrigar á pronuncia oxítona do composto. Isto vén dado pola lóxica de que na ausencia de acentuación gráfica podería haber dúas pronuncias posibles e normativas. Outros dous casos de acento gráfico con comportamento anormal menciónanse máis adiante (os non prescritos -tén ou vén- e os non extrapolados ó plural -de ás e cós-)

Esta última circunstancia non se dá no caso do encontro de vogais vogais débiles e fortes en posición átona. A ortografía do galego (e de moitas linguas románicas, aínda que non do romanés) distingue co acento agudo (no romanés con outro grafema) o número de sílabas átonas, por exemplo, distinguindo a palabra ... (trisílaba: --) da palabra cambio (que debe ser cam-bio). A estas últimas, as que presentan un ditongo crecente postónico, adóitaselles chamar semiesdrúxulas, e no portugués son indistinguibles das anteriores. Debido a que no VOLG se consignan como semiesdrúxulas a maioría destas combinacións, pero en realidade os galegos na fala foxen de realizar ditongos crecentes rompéndoos coma hiatos, a ortografía non sempre está axustada ao que a xente di: aínda así, neste caso si existe unha prescrición fónica coma excepción do punto 2.1 das Aclaracións iniciais.

A pesar de que non consta explicitamente nas NOMIG, existen certos acentos gráficos que se poden consignar diacriticamente para distinguir o grao das vogais en dúas palabras que do contrario serían homógrafas, sempre marcando con acento agudo na palabra con vogal semiaberta:

  • tén (3ª de indicativo) cf. ten (2ª de imperativo)
  • tés (verbo ter) cf. tes (plural de (letra) T (ou coa súa forma))
  • vén (3ª de indicativo) cf. ven (2ª de imperativo)
  • vés (verbo vir) cf. ves (verbo ver)

Outras simplificacións consonánticas

editar

As NOMIG prescriben que os grupos consonánticos simplifícanse sempre que non dea lugar a ambivalencias. Os casos nos que se dá esta son:

  • adición ('suma'), adicción ('necesidade, vicio')

Cuestións de número

editar

Plurais regulares

editar
  • tutti (s.m.), pl. tuttis (infrecuente)
  • nosopai (s.m.), pl. nosopais

Compostos coa partícula non-:

  • non-aliñado (...), pl. non-aliñado (infrecuente)
  • non-adhesión (...), pl. non-adhesión (infrecuente)
  • non-intervención (...), pl. non-intervencións (infrecuente)

Compostos e estranxeirismos

  • fox-trot (s.m.), pl. fox-trots
  • walkie-talkie (s.m.), pl. walkie-talkies
  • wáter-polo (s.m.), pl. wáter-pólos (infrecuente)
  • ye-yé (...), pl. ye-yés

Plurais irregulares de palabras compostas

editar

Compostos de pé:

  • cempés (s.m.), pl. cempés
  • repousapés (s.m.), pl. repousapés
  • trespés (s.m.), pl. trespés

Compostos de cú:

  • lavacús (s.m.), pl. lavacús
  • rapacús (s.m.), pl. rapacús
  • tapacús (s.m.), pl. tapacús

Tamén é o caso de:

  • matacandís (s.m.), pl. matacandís
  • chascarraschás (s.m.), pl. chascarraschás (infrecuente)

Plurais especiais

editar

Cuestións de xénero

editar
  • xesuíta
  • anacoreta
  • daca (contr., de dá + acá): é paroxítona e amalgámase co pronome átono nunha soa palabra: dácame
  • celibato, -a
  • K.O.
  • S.O.S [sic]
  • TNT
  • homónimo
  • milenario

Pendente de solución

editar
  • cuscús (s.m.), pl. ? (infrecuente por incontable)
  • K.O. coma adxectivo

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar