Unha vogal semiaberta é aquela que se realiza colocando a lingua abaixada, non tanto como para a realización de [a]. As vogais semiabertas aparecen nas linguas que teñen dous graus de abrimento intermediario, como o galego ([ɛ] e [ɔ]).