Victorino Pérez Prieto
Victorino Pérez Prieto, nado no concello leonés de Hospital de Órbigo o 18 de outubro de 1954, é un escritor e teólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1954 (69 anos) Hospital de Órbigo, España |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, escritor |
Traxectoria
editarRealizou estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en teoloxía dogmática cunha tese sobre a dimensión relixiosa da xeración Nós e se doutorou cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Deu clases nas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e exerceu como profesor na Universidade de San Buenaventura (Bogotá) e na Universidade de La Salle en Madrid. Tamén dirixiu cursos de verán na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Foi o primeiro director da revista Irimia e foi membro do consello de redacción da revista Encrucillada, na cal ten publicado numerosos artigos teolóxicos. Ten publicado tamén numerosos artigos noutras revistas e diarios galegos (A Nosa Terra, Grial, Lumieira, Tempos, Guía de libros, Criterios...) e de fóra do país (Sal terrae, Iglesia viva, El Ciervo…), así como varios libros individuais e en colaboración.
É membro da Asociación de Teólogos Juan XXIII, da Red Latioamericana de Teólogos/as Amerindia, do Centro Interculturale Raimon Panikkar Italia (CIRPIT), da Red Iberoamericana de Estudiosos de Raimon Panikkar (RIAP) e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
O seu traballo teolóxico e intelectual ten varios centros de interese: a relación entre galeguismo e cristianismo como compromiso cristián con Galiza; interculturalidade e interrelixiosidade a nivel mundial, particularmente na relación entre Occidente e Oriente; ecoloxismo e cristianismo, nos últimos tempos con particular atención a unha mística ecolóxica; así como unha concepción de Deus para hoxe, particularmente nunha perspectiva trinitaria que non se refire só ao Deus "ad intra", senón a Deus en relación cos humanos e co cosmos.
Obra en galego
editarEnsaio
editar- A xeración "Nós". Galeguismo e relixión, 1988, Galaxia.
- Cristiáns e galeguistas, 1994, Irimia.
- Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae", 1995, SEPT.[1]
- Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo, 1997, Espiral Maior.
- A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida, 1998, Irimia.
- Con cordas de tenrura, 2000, SEPT (tradución española: Con cuerdas de ternura, Madrid, 2002).
- Contra a síndrome N.N.A. Unha aposta pola esperanza, 2005, Xerais.
- Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, 2010, Galaxia.
- Prisciliano, um Cristão Livre. O Seu Eco na Cultura Galaico-portuguesa, 2017, novembro.
- A unidade e a harmonía da realidade. Complexidade e ecoloxía (2022). Galaxia. ISBN 978-84-9151-828-0.
Edicións
editar- Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego, 2007, Toxosoutos.
- Obras de teatro (grandes e pequenas) para o Nadal, 2009, Tambre.
- Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza, 2010, Trifolium.
- Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación, 2012, Biblos Clube.
Colaboracións en obras colectivas
editar- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos.
- “Castelao e a verdade dos pobres”, en O Ensino da lingua: por un cambio de rumo, 1995, AS-PG.
- “Manuel María, poeta relixioso”, en Manuel María, 2001, Ophiusa.
- Homenaxe a Xosé Lois García, 1996, Barcelona.
- “A dimensión teolóxica do camiño”, en Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea, 2007, A Coruña.
- “A Igreja do futuro”, en Ser Igreja, 2007, Lisboa.
- “Pensamento relixioso”, Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008, Xerais.
- Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda.
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- Ecologismo y cristianismo, 1999, Santander.
- Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar, 2008, Valencia.
- Dios, hombre, mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar, 2008, Barcelona.
- La búsqueda de la armonía en la diversidad. El diálogo ecuménico e interreligioso desde el Concilio Vaticano II. Estella, 2014.
- Espiritualidad ecológica. Una nueva manera de concebir a Dios y nuestra relación con él y con el mundo. Saarbrücken, 2014.
- Diccionario panikkariano (con José Luis Meza Rueda). Barcelona, 2016.
- Hacia una ecoteología. Barcelona, 2023.
Notas
editar- ↑ Texto completo de Galegos e cristiáns Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na BVG.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
editar- Ficha do autor en Galegos.info
- Victorino Pérez Prieto Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual Galega.