Vento ferido

libro de relatos de Carlos Casares

Vento ferido é un libro de narrativa, composto por unha ducia de relatos breves, en galego, do ourensán Carlos Casares Mouriño, acompañados de catro ilustracións de Xulio Maside. Publicado por vez primeira en 1967 pola Editorial Galaxia.

Vento ferido
Título orixinalVento ferido
Autor/aCarlos Casares
Ilustrador/aXulio Maside
Cubertavarios (segundo edición):
Botticelli, Egon Schiele etc
OrixeGalicia
LinguaGalego
ColecciónColección Illa Nova
Glaxia·narrativa
Biblioteca Carlos Casares[1]
Tema(s)violencia, fatalismo [2]
Xénero(s)Prosa literaria: relatos breves
EditorialGalaxia
Data de pub.1967 [3]
Páxinas104 ~ 112
Precedido por
Seguido porA galiña azul
editar datos en Wikidata ]
Aos meus pais.
A Merches e Xavier, meus irmáns.
A Paco e Sira, bos amigos.

—   dedicatoria

Descrición editar

Os títulos das narracións que inclúe o texto son:

Calquera que pasa ten un rostro e unha historia.
                  Cesare Pavese (cita inicial no libro)
"O xogo da guerra"
"Coma lobos"
"Cando cheguen as chuvias"
"Monólogo"[4]
"Agarda longa ao sol"
"A capoeira"
"Vou quedar cego"
"A tronada"
"O Xudas"
"A rapaza do circo"
"O outro verán"
"Aparecerá pola esquina"
 
Un fragmento do Nacemento de Venus de Botticelli empregouse para ilustrar a portada de Vento ferido [5].

Debido ao relato dun paseo que se fai no conto "Coma lobos", a obra sufriu un intento de secuestro pola censura, que Francisco Fernández del Riego, avisado, evitou sacando os exemplares da editorial e agochándoos. Cando chegou a policía dixéronlles que xa se venderan todos. Logo diso, fíxose e distribuíuse unha segunda edición, reimprimindo a primeira, sen mudarlle a data.[6]

Edicións, traducións e obras derivadas editar

Tres dos relatos, "Cando cheguen as chuvias", "Monólogo" e "Agarda longa ó sol", foran xa publicados no número 7 da revista Grial correspondente a xaneiro-febreiro-marzo de 1965.[7] O libro apareceu, sucesivamente, nas coleccións Illa Nova, Galaxia·narrativa e Biblioteca Carlos Casares.

En castelán Viento herido (2022). Impedimenta. 131 páxs. Tradución de Cristina Sánchez-Andrade, ilustracións de Xulio Maside.

Foi publicado en inglés, co título Wounded Wind, pola editorial Planet (tradución de Rosa Rutherford, 2004)[8]; en castelán, co título Viento herido, polas editoriais Alborada (colección «La Locomotora», 1988) e Punto de Partida (tradución de Mónica Álvarez, 2010); e en esperanto, co título de Vundita vento, pola editorial Espero (tradución de Suso Moinhos, 2019).[9] Hai tamén traducións dalgúns relatos ao italiano e ao inglés.

Inspirada no libro, en 2015 fíxose unha curtametraxe dirixida por Miguel Grandío.

Notas editar

  1. Imaxe da cuberta na «Biblioteca Carlos Casares»
  2. Bermúdez, Teresa. «Ramón Piñeiro, Carlos Casares e a “Nova Narrativa”» Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine. Revista de Investigación en Educación 6, 2009.
  3. "O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares", RAG, 9/7/2016.
  4.   Vento ferido, monólogo en ogalego.gal.
  5. Imaxe da portada dunha edición de Vento ferido de Galaxia.
  6. Calvo, T. (2003). Carlos Casares. O conto da vida. p. 122. 
  7. Casares, Carlos (xaneiro-febreiro-marzo de 1965). "Narraciós". Grial (7): 48–55. 
  8. Vento ferido Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na BITRAGA.
  9. "Vundita vento". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-16. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar