Egon Schiele

pintor austríaco

Egon Leo Adolf Schiele, nado en Tulln an der Donau, Imperio Austrohúngaro o 12 de xuño de 1890 e finado en Viena o 31 de outubro de 1918, foi un pintor e gravador austríaco, contemporáneo e discípulo de Gustav Klimt.

Egon Schiele
Egon-schiele.jpg
Nacemento12 de xuño de 1890
 Tulln an der Donau
Falecemento31 de outubro de 1918 e 18 de outubro de 1918
 Viena
NacionalidadeImperio Austrohúngaro e Austria
Cónxuxe(s)Edith Schiele
Na rede
Musicbrainz: fb2b3935-7a89-45bb-8bb4-225a9ade7134 WikiTree: Schiele-38 Find a Grave: 9962 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi un dos grandes artistas figurativos de principios do século XX e xunto con Oskar Kokoschka formou o que se coñece por expresionismo austríaco. A súa vida estivo rodeada por unha aura de misticismo: de talento moi precoz, faleceu aos 28 anos. A pesar da súa curta vida, a súa obra é moi extensa: unhas trescentas corenta pinturas e dúas mil oitocentas acuarelas e debuxos. Na súa obra creativa figuran tamén poemas e experimentos fotográficos. O seu particular estilo situouno entre os movementos expresionistas, especialmente da Secesión vienesa, cunha tipoloxía moi persoal.

As principais obras de Schiele consérvanse en Viena distribuídas entre a Österreichische Galerie Belvedere e o Leopold Museum inaugurado no ano 2001. Ademais, a meirande parte da súa colección de debuxos atópase no Albertina, tamén en Viena.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Benesch, Heinrich (1965). Mein Weg mit Egon Schiele. Nueva York: Verlag der Johannespresse. 
  • Nebehay, Christian (1980). Egon Schiele, Leben und Werk (en alemán). Salzburgo. 
  • Nebehay, Christian (1979). Egon Schiele 1890-1918, Leben-Briefe-Gedichte (en alemán). Salzburgo. 
  • Roessler, Arthur (1948). Erinnerungen an Egon Schiele (en alemán). Viena: Büchergilde Gutenberg. 
  • Schweiger, W.J (1983). Der junge Kokoschka. leben und Werk 1904-1908 (en alemán). Viena. cita de Seligmann 
  • Silenzi, Marina (2009). "La constitución del Übermensch como el creador del mundo transvalorado. Una lectura desde la obra de Egon Schiele". Bahía Blanca: Universidad Nacional del Sur. 
  • Stefano, Eva di (1999). Klimt. Barcelona: Planeta-DeAgostini. ISBN 84-395-7442-8. 
  • Steiner, Reinhard (1992). Egon Schiele 1890-1918. Colonia: Benedikt Taschen. ISBN 3822802395. 
  • Suàrez, Alícia; Vidal, Mercè (1989). Historia Uniersal del Arte. El siglo XX. Volumen IX. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-8909-5. 

Ligazóns externasEditar