Para a unidade romana de masa, ver Onza (masa).

A uncia (voz latina; en galego: "doceavo") ou onza romana foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, emitida tanto na República como no Imperio, con peso variable en función do sistema e cun valor da doceava parte dun ás.[1][2][3][4]

Uncia do sistema do aes grave emitida en Roma entre 275 e 270 a. de C., co característico motivo dun gran de cebada tanto no anverso como no reverso, e un punto que indica o valor da unidade

Historia

editar

Moeda republicana

editar
 
Uncia coa cabeza de Roma con casco no anverso e a proa de barco no reverso

No sistema ponderal dos primeiros tempos da República romana, a uncia naceu como unha unidade de peso romano-osca (23 gramos) equivalente á doceava parte dunha libra (nesa época de 273 gramos).[5]

Baixo o sistema libral do aes grave, cunha libra de 327 gramos, emitiuse ocasionalmente como unha moeda de aproximadamente 27 gramos, nos primeiros momentos da produción romana de moeda fundida de bronce.

Os motivos máis recorrentes dos anversos destas bastas moedas con valor dunha uncia eran os cotobelos dunha man (ca. 289-245 a. de C), un gran de cebada (ca. 280-245 a. de C.) e o busto dunha alegoría de Roma con casco, neste caso coa proa de barco nos reversos, característica das cuñaxes de bronce desta época (a partir de ca. 240 a. de C.).[6]

A uncia republicana deixou de emitirse a finais do século II.[7]

Moeda do Imperio

editar

Xa en tempos do Imperio a uncia reviviu momentaneamente baixo os mandatos de Traxano (98-117 d. de C.) e de Hadriano (117-138 d. de C.), como unha pequena moeda de entre 11 e 14 milímetros de diámetro e un peso de entre 0,8 e 1,2 gramos, que probablemente se emitise unicamente para a súa circulación na parte oriental do imperio.[8]

Nos seus anversos, estas novas uncias exhibían o busto do emperador, carente de calquera lenda, e nos reversos as iniciais SC (Senatu Consulto) nunha grilanda.[9][10]

Múltiplos e divisores

editar
 
Moeda de cinco uncias (quincunx) cos cinco puntos que indican o valor de cinco unidades

A onza romana como moeda tivo os seguintes múltiplos e divisores:[11]

Divisores

editar

Múltiplos

editar
  1. "Uncia". En Melville Jones, J. R. (1990).
  2. "Uncia". En Mateu y Llopis, F. (1946)
  3. "Once". En Amandry, M. (2001)
  4. "Uncia". En Forum Ancient Coins.
  5. "Uncia (1). En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
  6. Boyne, William. (1865). Páxina 7.
  7. "Uncia (2)". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
  8. "Uncia (pl. unciae)". En Vagi, D. L. (2001).
  9. "The uncia". En Roman bronze coins. www.monete-romanae.com
  10. "Uncia". En Online Coins of the Roman Empire. www.numismatics.org
  11. Véxanse as respectivas entradas en Alfaro Asins, C. et al. (2009)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar