Numeral partitivo
Un numeral partitivo indica a división dun todo, por exemplo, medio pan.
Definición
editarUn numeral pode ser cardinal, ordinal, múltiplo e partitivo. Un partitivo indica división dun todo en partes iguais: medio, terzo, cuarto etc.
Lista
editarOs numerais partitivos posúen risco de xénero e número:
- medio/a
- terzo/a
- cuarto/a
- quinto/a
- sexto/a
- sétimo/a
- oitavo/a
- noveno/a
- décimo/a
- onceavo/a
- doceavo/a
- ...
- centésimo/a
- milésimo/a
- millonésimo/a
Os demais fanse coa terminación -avo, por exemplo, a vinte e tresava parte da cidade.
Metade non é un partitivo senón un substantivo.
Medio tamén pode significar o espazo no que se desenvolve un feito (por exemplo, A cidade é un medio hostil para os animais.) ou o recurso para conseguir un fin (por exemplo, O libro segue a ser un medio didáctico esencial.).
Advertencia de uso
editarNon se confunda "onceavo/a", "doceavo/a" e demais partitivos terminados en -avo con "undécimo/a", "duodécimo/a" etc. que son ordinais. É inapropiado utilizar *onceavo xogador para referirnos ao xogador número once dun equipo, que sería o undécimo xogador ou o décimo primeiro xogador.
Función sintáctica
editarOs partitivos poden ter función pronominal (cando suplen a un nome) ou adxectiva (cando o acompañan). Exemplos:
- Función pronominal:
Xa que che sobra pan, dáme medio.
- Función adxectiva:
Merquei media fogaza.
Cando ten función adxectiva, algúns autores denomínano determinante.
Uso matemático
editarOs partitivos úsanse para designar o denominador do que chamamos quebrado ou fracción en Matemáticas, é dicir, o número que se coloca abaixo en ¾ (tres cuartos) ou ½ (un medio). As fraccións tamén poden ter función pronominal ou adxectiva. Neste último caso, concordan co nome que acompañan, por exemplo, tres cuartas partes do camiño.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarDocumentos de referencia da Real Academia Galega: