Semuncia
A semuncia (voz latina; en galego: "media onza") foi unha moeda da Antiga Roma de bronce co valor da cuarta parte dunha onza romana ou uncia, ou da vinte e catroava parte dun ás, emitida na época da República.[1][2][3]
Previamente á súa amoedación, era tamén unha unidade ponderal, coa mesma equivalencia respecto da uncia e da libra como unidades de peso.[4]
Historia
editarA existencia desta moeda correspóndese coa segunda parte do século III a. de C., cos primeiros momentos das emisións republicanas de moedas de bronce fundidas, de cuxas series era o valor máis baixo (coa excepción da quartuncia -1/4 de uncia-, que non tivo un carácter regular dentro do sistema monetario).[5][6]
Di Varrón acerca do seu valor:[7]
“ | ... semuncia, quod dimidia pars unciae ...) | ” |
Ocasionalmente aparece asociada ás marcas Σ ou S nos seus anversos, como indicativa do seu valor.[8]
Os tipos máis comúns dos seus anversos foron a cabeza de Mercurio ou a representación dunha landra; en tanto que na maioría dos seus reversos se amosa un caduceo ou a tradicional proa de barco baixo a lenda ROMA, característica das emisións romanas de bronce desta época.[9] Con todo, tampouco é infrecuente a aparición de motivos diversos.[10]
A semuncia déixase de emitir arredor do ano 210 a. de C., coincidindo coa aparición do denario. Ademais da propia cidade de Roma, foi tamén cuñada en diversas cidades da Península Itálica.[11]
Notas
editar- ↑ "Semuncia". En Alfaro Asins, C. et al. (2009)
- ↑ "Semuncia". En Amandry (2001).
- ↑ "Semuncia". En Forum Ancient Coins.
- ↑ "Peza do mes Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine.". Abril de 2010. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISSN 1579-9956. Páxina 3: "No sistema ponderal romano, os referentes de peso básico eran a libra e os seus divisores: [...] semuncia, 1/24 [...]"
- ↑ Crawford, M. H. (1974). Páxina 6.
- ↑ "Semiuncia, semuncia". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ Varrón. Lingua latina. 5, 171.
- ↑ "Semuncia". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
- ↑ Sear, D. R. (2000). Páxinas 177-178, 188-189 e 257-258.
- ↑ Descrición e fotografías de semuncias. En Coinage of the Roman Republic Online. www.numismatics.org
- ↑ "The semuncia". En Roman bronze coins. www.monete-romanae.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Semuncia |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6
- Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press. Cambridge, 1974. ISBN 0521074924
- Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3
- Sear, D. R. Roman Coins and Their Values - The Millennium Edition. Volume I: The Republic and The Twelve Caesars, 280BC-AD96. Spink. Londres, 2000. ISBN 1 902040 35 X
- Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
- William Boyne, A Manual of Roman Coins: from the earliest period to the extinction of the empire. W. H. Johnston, 1865.
Ligazóns externas
editar- "Semuncia". Descricións e fotografías de semuncias en CoinArchives.
- Identificador de moedas da Antiga Roma
- Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)
- La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.