Dextans
O dextans ou decunx foi unha moeda da Antiga Roma fundida en bronce que se usou esporadicamente no século III a. de C., en tempos da República, co valor de 10 uncias.[2][3][4][5][6]
Historia e caracterizaciónEditar
O seu valor de 10 uncias ou 10/12 do ás libral (e peso equivalente en relación á libra: uns 272,8 gramos actuais), non se adapta ao padrón do resto dos divisores do ás (sextans, quadrans, triens...), baseado no sistema doudecimal, polo que se considera que o dextans non formaba parte realmente do sistema monetario Romano, senón que a súa emisión foi conxuntural, na zona central da Península Itálica, a finais do século III a. de C., entre os anos 211 e 208 a. de C.[7][8][9][10]
A súa marca de valor é composta: por unha banda, o dextans amosa a letra S característica do semis ou medio ás, ou o que é o mesmo: 6 uncias, e a isto engádenselle catro puntos grosos que equivalen cada un a unha uncia, co que xa se completan as dez uncias do seu valor.[12]
A tipoloxía máis común do dextans é a do busto de Ceres no anverso ollando á dereita, en tanto que no reverso se representa a deusa Vitoria dirixindo unha cuadriga, xunto coa lenda ROMA no exergo. En ocasións, a cuadriga é conducioda por algunha outra divindade romana.[13]
NotasEditar
- ↑ L'aes grave del Museo Kircheriano. Roma, 1839.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Dextans".
- ↑ "Dextans". En Crawford, M. H. (1974)
- ↑ Klütz, Konrad (2004). "Dextans".
- ↑ Smith, William (1890). "Dextans".
- ↑ Rich, Anthony (1883). "Dextans".
- ↑ "Dextans". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
- ↑ "Dextans". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ Doursther, Horace. (1840). “Dextans”. Páxina 128.
- ↑ Amandry (2001). "Dextans".
- ↑ Riccio, Gennaro. Le monete attribuible alla zecca dell'antica città di Luceria. Nápoles, 1846. Páxina 45.
- ↑ Descricións e fotografías de dextans. En numismatica-classica.lamoneta.it
- ↑ Fotografías e descricións de dextans. En Coinage of the Roman Republic Online.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press, 1974. ISBN 0-521-07492-4
- Doursther, Horace. Dictionaire universel des poids et mesures anciens et modernes. Acadèmie Royale. Bruxelas, 1840.
- Klütz, Konrad. Münznamen und ihre Herkunft. Moneytrend Verlag. Viena, 2004. ISBN 3-9501620-3-8
- Rich, Anthony. Dictionnaire des Antiquités romaines et grecques. 3ª ed. 1883.
- Smith, William. A Dictionary of Greec and Roman Antiquities. 1890