Tuamotu
Tuamotu (en francés Îles Tuamotu e, oficialmente, Archipel des Tuamotu) é un arquipélago situado no océano Pacífico, ao leste das Illas da Sociedade. É un territorio administrado por Francia, dentro da Polinesia Francesa, que comprende unhas 78 illas e atois de coral e posúe unha superficie terreste de 885 km² aproximadamente. Para o censo de 2007 posuía 15.510 habitantes.
Îles Tuamotu (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 850 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Etimoloxía
editarDo mesmo xeito que Polinesia, Tuamotu significa "moitas illas". Noutros tempos era chamado Pakamotu ("nube de illas") e logo os tahitianos o rebautizaron como Paumotu ("illas submisas"). Os europeos chamárono Arquipélago Perigoso por mor dos seus arrecifes, que representaban un perigo para a navegación.
Historia
editarA historia temperá das Tuamotu permanece sen coñecerse. Os descubrimentos arqueolóxicos parecen indicar que a parte occidental das illas foi poboada desde as Illas da Sociedade ao redor do ano 700 d.C. Nas illas Rangiroa, Manihi e Mataiva hai plataformas planas chamadas marae, feitas con bloques de coral, pero se descoñece a súa idade exacta.
O primeiro europeo en chegar ás Tuamotu foi o portugués Fernão de Magalhães en 1521, durante a súa viaxe ao redor do mundo. Nesa ocasión visitou a illa Puka Puka e chamouna San Pablo. En 1606, o portugués Pedro Fernández de Quirós cruzou o arquipélago, recoñeceu varias illas e fixo descricións que motivaron a outros exploradores a visitalas. Entre eles cóntanse Willem Schouten, Jacob Le Maire, Jacob Roggeween e James Cook.
Ningunha desas visitas tivo efectos políticos e as illas permaneceron baixo a área de influencia da dinastía Pomaré de Tahití.
A principios do século XVIII chegaron misioneiros cristiáns e a finais do XIX, as perlas das Tuamotu penetraron no mercado europeo. Tras a abdicación forzada do Rei Pomaré V de Tahití, foron anexadas a Francia como un territorio de ultramar.
En 1947 as Tuamotu apareceron nas noticias do mundo, cando o arqueólogo Thor Heyerdahl alcanzou a illa Raroia navegando desde América do Sur na súa balsa Kon-Tiki.
Posteriormente estiveron de novo nas noticias por ser escenario das probas nucleares francesas entre os anos 1966 e 1995, nos atois de Mururoa e Fangataufa.
División administrativa
editarAdministrativamente forman parte das Illas Tuamotu-Gambier, que son unha das 5 subdivisiones administrativas da Polinesia Francesa. Á súa vez, a subdivisión comprende 17 comunas: As 16 comunas das Tuamotu (Anaa, Arutua, Fakarava, Fangatau, Gambier, Hao, Hikueru, Makemo, Manihi, Napuka, Nukutavake, Pukapuka, Rangiroa, Reao, Takaroa-takapoto, Tatakoto e Tureia), que teñen 78 atois, e a comuna de Gambier, nas Illas Gambier.
Os atois, de noroeste a sueste son:
|
|
Xeografía
editarA pesar de que o arquipélago se estende por unha área de máis de 2.000.000 km², a superficie de terra é de só uns 885 km²
O grupo componse de 78 illas e atois, que inclúen Rangiroa, o segundo atol máis grande do mundo, logo de Kwajalein; e Mururoa e Fangataufa, en que se realizaron 193 probas nucleares francesas entre 1966 e 1996.
Moitos dos atois están agrupados en conxuntos máis pequenos, como o Grupo Acteón, as Illas da Decepción ou as Illas do Duque de Gloucester, entre outros.
Clima
editarO clima é tropical, sen diferenzas notorias entre as estacións. A temperatura media anual é duns 26 °C e é relativamente constante durante todo o ano. Non hai fontes de auga doce tales como ríos e lagos; só pode obtense captando a auga de choiva. A precipitación media é duns 1400 mm ao ano, e aínda que se reparte de modo parello, adoita ser máis abundante durante setembro e outubro.
Flora e fauna
editarO escaso chan dos atois non permite que exista moita diversidade vexetal. Unha das especies de importancia económica é o coco, que constitúe a base para a produción de copra. Nunhas poucas illas tamén se cultiva vainilla con fins comerciais.
Os principais cultivos para o consumo son o iñame, o taro, e a árbore do pan, así como algúns outros froitos tropicais.
As follas de pandano (un tipo de palmeira) úsanse tradicionalmente para confeccionar chapeus e para cubrir os teitos das vivendas, aínda que nesta última función están sendo substituídas por ferros metálicos.
A vida animal nas illas está restrinxida a aves, insectos e algúns réptil. Só hai 57 especies de aves, das cales 10 son endémicas. En cambio, a vida submarina é máis diversa. A variedade das especies que habitan os arrecifes converten a Tuamotu nun destino importante para o mergullo de observación.
Poboación
editarPouco máis de cincuenta atois están poboados permanentemente, o resto deles só é ocupado esporadicamente, durante a época de recolección de copra ou como base para expedicións de pesca. A poboación creceu nos últimos anos debido ao auxe da pesca na parte setentrional e á extracción de perlas, sobre todo perlas negras, no oeste e no centro. De todos os xeitos, a maior parte dos habitantes practica a agricultura de subsistencia.
Á parte de francés, nas illas fálase tuamotuano ou paumotu, unha das linguas malaio-polinesias.