Atol Tepoto Norte

(Redirección desde «Tepoto Norte»)
Tepoto Norte
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Tepoto
Linguas
Poboación (2007) 44 hab.
Superficie 4 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 1
Coordenadas 14°8′S 141°24′O / -14.133, -141.400Coordenadas: 14°8′S 141°24′O / -14.133, -141.400
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Tepoto é un atol do grupo das illas da Decepción, no arquipélago das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Napuka. Está situado a 16 km ao noroeste de Napuka.

Xeografía editar

É un atol coa lagoa seca, de 2,6 km de longo e 800 m de ancho. A superficie total é de 4 km². A vila principal é Tehekega cunha poboación de 44 habitantes no censo de 2007. Chámaselle coa orientación Norte para diferencialo de Tepoto Sur, tamén nas Tuamotu nas illas Raevski.

Historia editar

Foi descuberto polo inglés John Byron en 1765, pero ao ser pequeno e illado tivo poucos contactos co mundo occidental.