Comuna de Anaa

A comuna de Anaa é unha comuna da subdivisión Tuamotu-Gambier na Polinesia francesa, situada no centro do arquipélago. Consta de dúas comunas asociadas, Anaa e Faaite, máis dous atois deshabitados, Tahanea e Motutunga, que dependen de Faaite. A capital da comuna é Tukuhora, en Anaa. Está separado por unha distancia duns 60 km dos outros tres atois que forman unha aliñación no nordés.

Localización da comuna de Anaa

FaaiteEditar

Faaite é un atol situado a 60 km ao norte de Anaa. A superficie total é de 9 km². A lagoa interior ten un paso navegable ao océano. A vila principal é Hitianau, cunha poboación total de 246 habitantes.

Foi descuberto polo inglés John Turnbull en 1802, o primeiro comerciante do Pacífico que facía a ruta de Tahití a Hawaii. Historicamente o atol tamén se coñeceu co nome de Miloradovich.

TahaneaEditar

Tahanea é un atol de 63 km², con tres pasos cara ao interior da lagoa. Está deshabitado e visitado ocasionalmente. Foi descuberto por Domingo Bonaechea en 1772, chamándoo San Xulián. Tamén se coñeceu co nome de Tchitschagof.

MotutungaEditar

Motutunga é un atol deshabitado, cun paso ao interior da lagoa non navegable. Domingo Bonaechea chamouno San Blas. Tamén se coñeceu co nome de Adventure.

Illas Capital Habitantes
(2002)
Superficie
(km²)
Lagoa
(km²)
Coordenadas
Anaa Tukuhora 437 37,7 105 17°20′S 145°30′O / -17.333, -145.500
Comuna asociada de Faaite
Faaite Hitianau 202 8,9 230 16°43′S 145°19′O / -16.717, -145.317
Motutunga - - 1,4 126 17°04′S 144°17′O / -17.067, -144.283
Tahanea - - 8,3 545 16°50′S 144°45′O / -16.833, -144.750
Comuna d'Anaa Tukuhora 639 55,65 1.006