Atol Anaa

(Redirección desde «Anaa»)

Coordenadas: 17°20′S 145°30′O / -17.333, -145.500

Anaa é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Está situado no noroeste do arquipélago, a 350 km ao leste de Tahití.

Anna
Anaa Atol, Tuamotu, Polinesia Francesa en 2002.
Mapa das comunas.
Situación
País Francia
ProvinciaPolinesia Francesa Polinesia Francesa
ArquipélagoTuamotu
MarPacífico
Coordenadas17°20′S 145°30′O / -17.333, -145.500
Xeografía
Superficie37,7 km²
Longura máxima29´5 km
Largura máxima6´5 km
Punto máis alto11 m
Demografía
CapitalTukuhora
Poboación497 hab. (2012)
Densidade13 hab./km²

Xeografía editar

É un atol ovalado de 29´5 km de longo e 6´5 km de ancho, cunha superficie total de 38 km². O arrecife coralino está formado por once illotes cun chan máis profundo e máis fértil que os outros atois das Tuamotu. A lagoa é pouco profunda, sen ningún paso navegable ao océano, e formada por 3 concas principais. Aínda que non dispón de ningún paso navegable, a auga da lagoa renóvase por diversas canles pouco profundos que se poden cruzar camiñando. A vila principal é Tukuhora, tamén chamado Anaa, cunha poboación total de 435 habitantes no censo de 2002. As outras vilas pequenas como Temarie, Otepipi, Mania e Tematahoa están deshabitadas segundo o censo. A poboación vive principalmente da pesca, o cultivo de nácara e a produción de copra.

Historia editar

O atol de Anaa era coñecido pola lendaria ferocidade dos seus guerreiros que, no século XVII, dominaron e saquearon o noroeste das Tuamotu. O primeiro europeo que o descubriu foi o inglés James Cook, en 1769. Debido á súa forma chamouno Chain Island, a illa da cadea. Despois, foi visitado por Domingo Bonaechea, o 1 de novembro de 1772, chamándoo Illa de Todos os Santos. A principios do século XIX pasou á soberanía dos Pomaré de Tahití. Ao redor de 1850 era un centro activo do comercio de nácar e copra, cunha poboación máxima de 2.000 habitantes. A loita pola evanxelización entre os mormóns norteamericanos e os católicos franceses provocou unha revolta en 1852, e a intervención das tropas coloniais francesas. Nos anos 1878 e 1906 sufriu as consecuencias de dous ciclóns que alagaron toda a illa. Despois do ciclón de 1983, trasladouse e reconstruíuse a única vila, incorporando un refuxio anticiclóns con capacidade para toda a poboación.