A nácara[1] ou nácar[2] é unha substancia orgánica e inorgánica, xa consolidada, dura, branca arxentina, rechamante e con reflexos irisados ou iridescentes. Forma a capa interna da casca de moitos moluscos, razón pola que varias destas especies o segregan de xeito considerable para reparar as súas cascas danadas ou para cubrir determinados obxectos dentro deles, mecanismo que é empregado polos apañadores de perlas, para colocar en determinados moluscos pezas no interior que saben cubrirán co nácar, converténdoos en perlas ou outros obxectos valiosos nacarados.

Nácar iridescente dentro dunha cuncha de Nautilus

As cunchas que proporcionan o máis fermoso nácar son as haliótidas, os nautilus, as ostras entre outras. O nácar emprégase en obras de marquetería, ebanistaría fina, xoiaría e para adornar abanos, botóns, fichas etc.

Composición

editar

O nácar está composto por plaquetas hexagonais de aragonita (carbonato de calcio (CACO3) cristalizado), de 10-20 µm de amplitude e 0,5 µm grosor, estruturados en continuas láminas paralelas. Estas estratificaciones do nácar atópanse separadas e compactadas por seccións dunha mátriz orgánica composta de biopolímeros elásticos de conquiolina (como tamén o son as proteínas da quitina, lustrina ou a seda).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nácara.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nácar.