Atol Tatakoto
Tatakoto | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2007) | 227 hab. |
Superficie | 7´3 km² |
Superficie lagoa | 20 km² |
Nº de illas | >30 |
Coordenadas | 17°20′S 138°24′O / -17.333, -138.400 |
Maior Altura | |
Localización | |
Tatakoto é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Está situado ao leste do arquipélago, a 1.182 km de Tahití.
Xeografía
editarDe 14 km de longo e 3,5 km de ancho, o atol está formado por unha illa longa e 65 illotes que pechan a lagoa sen ningún paso practicable cara ao océano. A vila principal é Tumukuru, e a poboación total era de 247 habitantes no censo de 1996. Ao ser un atol moi illado, administrativamente forma unha comuna. Dispón dun aeródromo.
Historia
editarFoi descuberto o mesmo día por dous españois. Na segunda expedición do Águila os dous capitáns, Domingo de Boenechea e José Andía y Varela, separáronse ao saír do Perú e non se volveron a atopar ata Tahití. O día de San Narciso de 1774 os dous desembarcaron en Tatakoto sen atoparse. Historicamente tamén se coñeceu como San Narciso e de Augier.
José Andía describíao como «sumamente agradable á vista por estar moi poboada de arboredos». A principios do século XX estableceuse un colono francés e o replantou de cocos que hoxe cobren todo o atol.