Atol Vanavana

(Redirección desde «Vanavana»)
Vanavana
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 2 km²
Superficie lagoa 3 km²
Nº de illas 5
Coordenadas 20°47′S 139°9′O / -20.783, -139.150Coordenadas: 20°47′S 139°9′O / -20.783, -139.150
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Vanavana é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa, incluído na comuna de Tureia. Está situado ao sueste do arquipélago, a 55 km ao leste de Tureia e 110 km ao norte de Mururoa.

Xeografía editar

É un atol pequeno de forma ovalada con 5 km de longo e 3,2 km de ancho. A superficie terrestre é de 2 km² e a lagoa é de 3 km². Ten dúas canles abertas á lagoa (hoas), unha no leste e o outra ao oeste.

Só é visitado ocasionalmente desde os atois veciños para colleitar copra. Non dispón de infraestruturas.

Historia editar

Foi descuberto polo inglés Frederick Beechey en 1826, que o chamou Barrow.