Atol Vahitahi
Vahitahi | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2007) | 83 hab. |
Superficie | 2´5 km² |
Superficie lagoa | 7´4 km² |
Nº de illas | |
Coordenadas | 18°47′S 138°50′O / -18.783, -138.833Coordenadas: 18°47′S 138°50′O / -18.783, -138.833 |
Maior Altura | |
Localización | |
Vahitahi (antes Les Quatre Facardins e Lagoon) é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Nukutavake. Está situado a 50 km ao norte de Nukutavake.
Xeografía
editarTen unha superficie total de 2,5 km², sen ningún paso navegable cara á lagoa interior. A vila principal é Mohitu (antes chamada Temanufaara). A poboación total era de 68 habitantes no censo de 1996. Dispón dun aeródromo.
Historia
editarFoi a primeira illa que atopou no Pacífico o francés Bougainville en 1768, na súa viaxe de circunnavegación. Recordoulle o nome dunha famosa novela da época: Les Quatre Facardins. O ano seguinte tamén foi a primeira illa que atopou o inglés James Cook na súa primeira viaxe, ademais do primeiro atol, e así o chamou Lagoon Island.