Atol Tematangi

(Redirección desde «Tematangi»)
Tematangi
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2002) 53 hab.
Superficie 7´7 km²
Superficie lagoa 61 km²
Nº de illas >50
Coordenadas 21°40′S 140°37′O / -21.667, -140.617Coordenadas: 21°40′S 140°37′O / -21.667, -140.617
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Tematangi é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa, incluído na comuna de Tureia. Está situado no sueste do arquipélago, a 160 km ao oeste de Mururoa.

Xeografía editar

Tematangi é un atol triangular de 11,5 km de longo e 7 km de ancho máximo, cunha superficie de 7,7 km² e cunha lagoa relativamente profunda de 61 km². Atópase a 121 km ao oeste do atol de Mururoa, o máis próximo, e pertence á comuna de Tureia.

En 2002, o atol estaba habitado por unhas cincuenta persoas, na súa maioría na vila de Tuihana.

Historia editar

Foi descuberto polo inglés William Bligh en 1792, na súa segunda viaxe logo de sufrir o amotinamento do Bounty, e chamouno Lagoon Island. Tamén foi chamado Bligh's Lagoon para diferencialo de Cook's Lagoon (Vahitahi).

Tematangi está xusto nas antípodas da Meca. Isto significa que a dirección correcta da oración musulmá (qibla) varía enormemente entre Tematangi e as súas illas veciñas.