Atol Tureia

(Redirección desde «Tureia»)
Tureia
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Tekaruga
Linguas
Poboación (2007) 318 hab.
Superficie 8´3 km²
Superficie lagoa 47 km²
Nº de illas 28
Coordenadas 20°50′S 138°33′O / -20.833, -138.550Coordenadas: 20°50′S 138°33′O / -20.833, -138.550
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Tureia é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Está situado ao sueste do arquipélago, a 1.100 km ao sueste de Tahití e 115 km ao norte de Mururoa.

Xeografía editar

É un atol pequeno, cunha superficie de 8,3 km². Ten forma de rombo, con 13 km de longo e 7,4 km de ancho. O atol non ten ningún paso cara á lagoa interior. As terras emerxidas forman un grande illote, de 22,5 km de longo e 250 metros de media de ancho, que ocupa a metade este, e a metade oeste complétana 27 illotes. A vila principal é Hakamaru. Dispón de diversas construcións do Centro de Experimentación do Pacífico (refuxios, cisternas, aeroporto, centro meteorolóxico), abandonadas desde 1996, cando finalizaron as probas nucleares francesas.

Historia editar

Historicamente coñecíase co nome de Papahena. O atol foi descuberto en 1791 polo inglés Edward Edwards, mentres buscaba aos amotinados do Bounty, e chamouno Carysfort.