Tiburón tigre
O tiburón tigre[3] (Galeocerdo cuvier[4]) é unha especie de tiburón carcarrínido e único membro existente do xénero Galeocerdo. É un macrodepredador relativamente grande, que pode chegar aos 5 m de lonxitude.[5] Vive en moitos mares de augas tropicais e temperadas, e é especialmente común arredor das illas do Pacífico central. Non vive en augas atlánticas europeas. O seu nome común deriva das raias verticais do seu corpo, que lembran as do tigre, que se van difuminando conforme o tiburón madura.[6]
Tiburón tigre Rango fósil: Mioceno temeprán – Actual[1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Case ameazada[2] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Galeocerdo cuvier' Péron & Lesueur, 1822 | |||||||||||||||||||
Área de distribución do tiburón tigre
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Squalus cuvierPeron and Lesueur, 1822 |
O tiburón tigre é un cazador solitario e principalmente nocturno, que ten o maior espectro de fontes de alimentación de todos os tiburóns, desde crustáceos, peixes, focas, aves, luras, tartarugas e serpes mariñas ata golfiños e mesmo outros tiburóns máis pequenos. O tiburón tigre come tamén obxectos non comestibles feitos polo ser humano que quedan no seu estómago, e ten unha reputación de ser un "comedor de lixo".[6] Aínda que está no cumio da cadea alimenticia como superdepredador, observáronse casos en que era depredado por candorcas.[7] O tiburón tigre considérase "especie case ameazada" debido á súa pesca e captura para obter aletas de tiburón.[2]
Taxonomía
editarEste tiburón foi descrito por Peron e Lesueur en 1822, e déuselle inicialmente o nome Squalus cuvier.[5] En 1837, Müller e Henle renomeárono como Galeocerdo tigrinus.[8] O xénero Galeocerdo deriva do grego galeos, 'tiburón' e do latín cerdus, 'seda de porco'.[8]
O tiburón tigre pertence á orde Carcharhiniformes, que é a que ten maior número de especies entre os tiburóns, que son máis de 270, incluíndo os pequenos melgachos e os grandes peixes martelo.[5] Os membros desta orde caracterízanse pola presenza dunha membrana nictitante nos ollos, dúas aletas dorsais, unha aleta anal e cinco fendas branquiais. O tiburón tigre é o membro de maior tamaño da familia Carcharhinidae. Esta familia consta principalmente de tiburóns delgdos pero poderosos de tamaño medio a grande e inclúe a quenlla (Prionace glauca), tiburón limón (Negaprion brevirostris), e tiburón touro (Carcharhinus leucas).[6]
Descrición
editarO tiburón tigre ten unha lonxitude normalmente de 3,25 a 4,25 m e pesa de 385 a 635 kg.[8] Ás veces, os machos especialmente grandes poden chegar aos 4 m. As femias son maiores, e as excepcionalmente grandes chegan a medir 5 m. Unha femia capturada en augas de Australia mediu 5,5 m de longo e pesou 1.524 kg, aínda que se cre que o seu peso estaba aumentado con respecto ao normal, xa que estaba preñada. Informouse de exemplares aínda maiores, pero sen confirmación rigorosa.[9]
O tiburón tigre está entre os tiburóns existentes máis grandes, só por detrás do tiburón balea (Rhincodon typus), o momo (Cetorhinus maximus) e o gran tiburón branco (Carcharodon carcharias). Algunhas outras especies como Megachasma pelagios, Somniosus pacificus, Somniosus microcephalus e Hexanchus griseus solápanse aproximadamente en tamaño co tiburón tigre, pero estas especies están comparativamente menos estudadas, e non está claro se o seu tamaño maduro típico se corresponde co do tiburón tigre.[8][9] O gran peixe martelo Sphyrna mokarran, un membro da mesma orde taxonómica que o tiburón tigre, ten unha lonxitude media similar ou incluso maior, pero é menos pesado e voluminoso, cun peso máximo rexistrado de 580 kg.[10]
Teñen uns dentes especializados para cortar a carne, ósos e outras substancias duras como as cunchas de tartarugas. Como a maioría dos tiburóns, os seus dentes son substituídos continuamente por ringleiras máis internas de dentes novos.[11]
-
Mandíbulas
-
Mandíbulas abertas
-
Dentes superiores
-
Dentes inferiores
Pel
editarA pel dun tiburón tigre pode ter unha cor de azul a verde clara cun ventre branco ou lixeiramente amarelo. A vantaxe desta cor débese a que cando está cazando unha presa, cando a presa ve ao tiburón desde arriba, o tiburón queda camuflado porque a auga que hai debaixo é máis escura. E cando a presa está debaixo e ve cara a arriba, debido á luz do sol, a auga é máis clara polo que o ventre claro do tiburón tamén lle serve de camuflaxe. Isto chámase contrasombreado. As manchas escuras e bandas son máis visibles nos tuburóns novos e vanse esvaendo a medida que o tiburón madura. A súa cabeza é un pouco con forma de cuña, o que facilita que poida xirar a un lado rapidamente.[6][12] Teñen pequenas fosas no morro, que conteñen electrorreceptores chamados ampolas de Lorenzini, coas que poden detectar campos eléctricos, incluídos os febles impulsos eléctricos xerados polas presas, o que é moi útil na caza.[11] Os tiburóns tigres tamén teñen un órgano sensorial chamado liña lateral, que se estende polos flancos na maioría da lonxitude do animal. O principal papel desta estrutura é detectar pequenas vibracións na auga. Estas adaptacións permítenlle cazar na escuridade e detectar presas agochadas.[13]
Visión
editarDetrás da retina do ollo do tiburón hai unha capa reflectora chamada tapetum lucidum, que permite que as células sensibles á luz teñan unha segunda oportunidade para capturar fotóns de luz visible, potenciando a visión en condicións de pouca luz. Un tiburón tigre ten xeralmente aletas longas que lles dan forza ascensional cando o tiburón manobra na auga, e a parte superior da cola proporciona bruscas aceleracións cando é necesario. O tiburón tigre nada normalmente usando suaves movementos do corpo.[14] O seu alto dorso e a aleta dorsal actúa como pivote, facilitando os xiros rápidos sobre o seu eixe, aínda que as aletas dorsais están caracteristicamente próximas á cola.[11]
Distribución e hábitat
editarO tiburón tigre encóntrase a miúdo preto da costa, principalmente en augas tropicais e subtropicais de todo o mundo.[8] O seu comportamento é principalmente nómade, pero é guiado por correntes cálidas e permanece próximo ao ecuador nos meses máis fríos. Adoita permanecer en augas profundas ao longo de arrecifes, pero móvese por canles para perseguir presas en augas pouco profundas. Na parte occidental do océano Pacífico, estes tiburóns atópanse tan ao norte como o Xapón e tan ao sur como Nova Zelandia.[5] Un tiburón tigre etiquetado no mar Caribe foi rastreado facendo unha migración ao cabo Cod; aínda que son especies tropicais, as augas cálidas da corrente do Golfo chegan ao cabo Cod en verán. A súa presenza tamén foi rexistrada no Mediterráneo pero só en dúas ocasións, en costas de España e de Sicilia.[15]
Os tiburóns tigres poden verse no golfo de México, praias de Norteamérica e partes de Suramérica. Tamén se observan habitualmente no mar Caribe. Outras localizacións onde foron detectados son as costas de África, China, Hong Kong, India, Australia e Indonesia.[6]
Certos tiburóns tigres foron rexistrados a profundidades de 900 m,[8] pero algunhas fontes manteñen que se moven a augas pouco profundas que normalmente se consideran demasiado pouco profundas para unha especie do seu tamaño.[6] Un estudo recente mostrou que como media o tiburón tigre se rexistra a profundidades de 350 m, o que fai que sexa moi pouco común que apareza en augas pouco profundas. Porén, os tiburóns tigres en Hawai foron observados en profundidades de tan só 3 m e observados regularmente en augas costeiras a profundidades de 6 a 12 m.
Almentación
editarO tiburón tigre é un predador situado no vértice da pirámide trófica[16] e ten a reputación de comer calquera cousa.[8] Estes predadores nadan preto da costa para comer de noite, e durante o día nadan cara á augas máis profundas.[17] Os tiburóns tigres novos depredan principalmente pequenos peixes e pequenas medusas, cefalópodos e outros moluscos. Cando medran ata os 2,3 m, ou chegan case á madurez sexual, a súa selección de presas amplíase considerablemente, e animais moito máis grandes pasan a ser as súas presas regulares.[18] Numerosos peixes, crustáceos, aves mariñas, serpes mariñas,[19] mamíferos mariños (por exemplo, os golfiños Tursiops, Delphinus,[20] e Stenella,[21] dugongos (Dugong dugon), focas e leóns mariños e tartarugas mariñas (incluíndo as tres grandes especies: a tartaruga mariña de coiro (Dermochelys coriacea),[22] a tartaruga mariña común (Caretta caretta)[23] e a tartaruga mariña verde (Chelonia mydas),[18]) son comidas regularmente polos tiburóns tigres adultos. Tamén comen outros tiburóns (como Carcharhinus plumbeus adultos) e raias, e algunhas veces mesmo comen outros tiburóns tigres.[6][18]
Debido ao alto risco de ataques de predadores, os golfiños a miúdo evitan rexións habitadas polos tiburóns tigres.[24] Estes tiburóns poden tamén atacar a baleas feridas ou doentes. Un grupo foi documentado atacando e matando unha balea xibardo (Megaptera novaeangliae) doente en 2006 preto de Hawai.[25] O tiburón tigre tamén come prea de baleas mortas. Nun incidente documentado, foron observados comendo unha carcasa de balea xunto co gran tiburón branco.[26]
Identificáronse probas de que depredan dugongos nun estudo no que se encontrou tecido de dugongo no estómago de 15 dun total de 85 tiburóns tigres estudados capturados nas costas australianas.[27] Ademais, o exame de dugongos adultos mostrou a presenza de cicatrices causadas por ataques infrutuosos de tiburóns.[28] Finalmente, os microhábitats de dugongos coinciden cos das presas dos tiburóns tigres cando os tiburóns son abundantes.[29]
As mandíbulas largas e moi calcificadas e a boca case terminal, combinada cos seus dentes robustos e aserrados, permítenlle ao tiburón tigre capturar estas grandes presas.[24] Ademais, a súa vista excelente e agudo olfacto permítenlle reaccionar ante trazas moi febles de sangue e seguilas ata a súa procedencia. A capacidade de detectar as ondas de presión de baixa frecuencia permítelles avanzar cara a un animal con confianza, mesmo en augas avoltas.[14] O tiburón nada en círculo arredor da súa presa e estúdaa empurrándoa co morro.[14] Cando atacan, o tiburón a miúdo come a presa enteira, aínda que as presas grandes cómenas a miúdo dando trabadas grandes graduais e acabando pouco a pouco con elas.[14]
Sorprendentemente, tecidos de mamíferos terrestres, como cabalos, cabras, ovellas, cans, gatos e ratas comúns, son bastante comúns nos contidos estomacais dos tiburóns tigres arredor das costas de Hawai.[18] Nun caso, atopáronse restos de raposos voadores (megaquirópteros) no estómago deste tiburón.[30] Debido ao seu estilo de alimentación agresivo e indiscriminado, a miúdo confunde con comida obxectos que son incomestibles, como placas de matrícula de automóbiles, latas de aceite, pneumáticos e pelotas de béisbol.[6]
Eficiencia natatoria
editarTodos os tiburóns tigres nadan normalmente de forma lenta, o cal, combinado coa súa coloración críptica, pode facer que sexa difícil que as presas os detecten nalgúns hábitats. Están perfectamene ben camufaldos contra fondos escuros.[24] Malia a súa aparencia preguiceira, os tiburóns tigres son uns dos nadadores máis potentes dentro dos carcarrínidos. Unha vez que o tiburón se achega o suficientemente preto a unha presa, un rápido esprinte faille alcanzar a presa perseguida antes de que escape.[24]
Reprodución
editarSon ovovivíparos. Os machos chegan á madurez sexual cando miden de 2,3 a 2,9 m e as femias de 2,5 a 3,5 m.[11] As femias aparéanse unha vez cada tres anos.[6] Teñen fecundación interna. O macho insire unha das súas aletas modificadas (que fan de órgano copulador) na abertura xenital (cloaca) da femia. Os machos usan os dentes para manter a femia quieta durante o procedemento, a miúdo causando un considerable malestar á femia. O apareamento no hemisferio norte xeralmente ten lugar entre marzo e maio, e os nacementos teñen lugar entre abril e xuño do seguinte ano. No hemisferio sur, o apareamento ten lugar en novembro, decembro ou inicios de xaneiro. O tiburón tigre é a única especie da súa familia que é ovovivípara, xa que os seus ovos eclosionan dentro do corpo e as crías nacen vivas e completamente desenvolvidas, aínda que se nutren só das substancias contidas no ovo.[8] A cría desenvólvese dentro do corpo da nai durante 16 meses. As camadas van de 10 a 80 crías.[8] Un neonato mide xeralmente de 51 a 76 cm de longo.[8] Non se sabe canto viven, pero desde logo máis de 12 anos.[6]
Conservación
editarO tiburón tigre é capturado e matado para aproveitar as súas aletas, carne e fígado. Captúrase regularmente en caladoiros onde se pesca expresamente ou de forma accidental. Varias poboacións declinaron pola súa intensa pesca. A continua demanda de aletas pode ter como resultado un maior declive no futuro. É considerada unha "especie case ameazada" debido á excesiva pesca pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.[2]
Aínda que a carne de tiburón ten moi poucos nutrientes, o fígado de tiburón ten unha alta concentración de vitamina A, que se usa na produción de aceites vitaminados. Ademais, captúrase pola súa distintiva pel e como trofeo de gran tamaño na pesca deportiva.[8]
En 2010, Greenpeace International engadiu o tiburón tigre á súa lista vermella de alimentos mariños, que é unha lista de peixes comunmente comercializados en todo o mundo, que teñen unha alta probabilidade de proceder de pesquerías explotadas de forma insostible.[31]
Relacións cos humanos
editarAínda que os tiburóns raramente morden os humanos, hai informes de que o tiburón tigre é responsable dunha grande porcentaxe de incidentes de mordeduras mortais de tiburón, e ás veces considérase a especie de tiburón máis perigosa.[32][33] A miúdo visita os arrecifes pouco profundos, portos e canles, e isto aumenta as posibilidades de que se atope con persoas.[6] A tiburón tigre tamén habita nas desembocaduras de ríos e outras augas ricas en verteduras de escorrentía.[8][11] Aínda que se considera un dos tiburóns máis perigosos para os humanos, en realidade, a súa taxa de mordeduras é baixa.[34] É o segundo na lista de mordeduras rexistradas a humanos, superado polo gran tiburón branco.[8][32] Por exemplo, en Hawai prodúcense como media tres ou catro mordeduras de tiburón ao ano, que moi raramente son mortais. Esta taxa de mordeduras é moi baixa considerando os miles de persoas que nadan, fan surf, e mergullan nas augas hawaianas cada día.[34] As interaccións humanas cos tiburóns tigres en augas hawaianas increméntanse entre setembro e novembro, cando as femias de tiburón tigre se cre migran a ese arquipélago para dar a luz.[35] Entre 1959 e 2000, foron sacrificados 4.668 tiburóns tigre para tratar de protexer a industria do turismo en Hawai, o que danou as poboacións do tiburón pero demostrou non ser eficaz á hora de diminuír as interaccións cos humanos.[36][37]
Mitoloxía
editarO tiburón tigre é considerado como un na 'aumakua (espírito dos antepasados) sagrado por algúns nativos hawaianos, que pensan que os seus globos oculares teñen poderes especiais de percepción visual. Isto vai na liña do que se coñece sobre a gran agudeza dos sentidos deste tiburón.[34]
Notas
editar- ↑ "Fossilworks Galeocerdo cuvier Peron and LeSueur 1822 (tiger shark)". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Galeocerdo cuvier". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2005. Consultado o 2014-05-26.
- ↑ BUSCatermos tiburón tigre, que dá como referencia: Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ "ITIS Report – Galeocerdo cuvier". Integrated Taxonomic Information System!. Consultado o 30 de decembro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2011). "Galeocerdo cuvier" en FishBase. Versión de xullo de 2011.
- ↑ 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 Ritter, Erich K. (15 de decembro de 1999). "Fact Sheet: Tiger Sharks". Shark Info.
- ↑ "Incredible moment killer whales hunt and kill a tiger shark". Daily Mail.
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 Knickle, Craig. "Tiger Shark Biological Profile". Florida Museum of Natural History Ichthyology Department.
- ↑ 9,0 9,1 Wood, Gerald (1983). The Guinness Book of Animal Facts and Feats. ISBN 978-0-85112-235-9.
- ↑ "Record Hammerhead Pregnant With 55 Pups". Associated Press via Discovery News. 1 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2011. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Modelo:Marinebio Consultado en xaneiro de 2011.
- ↑ Canadian Shark Research Laboratory, Tiger Shark – Bedford Institute of Oceanography
- ↑ Tiger Shark – The Province of New Brunswick Canada Arquivado 02 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. New Brunswick. Consultado o 9 de xuño de 2011
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 "Tiger Shark". ladywildlife.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2006-12-21.
- ↑ "Galeocerdo cuvier". CIESM Atlas of Exotic Fishes in the Mediterranean Sea. CIESM. Consultado o 15 de xaneiro de 2017.
- ↑ Heithaus, Michael R. (maio de 2001). "The Biology of Tiger Sharks, Galeocerdo cuvier, in Shark Bay, Western Australia: Sex Ratio, Size Distribution, Diet, and Seasonal Changes in Catch Rates". Environmental Biology of Fishes 61 (1): 25–36. doi:10.1023/A:1011021210685.
- ↑ Tiger Sharks, Galeocerdo cuvier. marinebio.org
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 Lowe, Christopher G.; Wetherbee, Bradley M.; Crow, Gerald L.; Tester, Albert L. (1996). "Ontogenetic dietary shifts and feeding behavior of the tiger shark, Galeocerdo cuvier, in Hawaiian waters" (PDF). Environmental Biology of Fishes 47 (2): 203. doi:10.1007/BF00005044. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ Heithaus, M. R.; Dill, L.; Marshall, G.; Buhleier, B. (2004). "Habitat use and foraging behavior of tiger sharks (Galeocerdo cuvier) in a seagrass ecosystem" (PDF). Marine Biology 140 (2): 237–248. doi:10.1007/s00227-001-0711-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ Heithaus, M. R.; Dill, L. (2002). "Food availability and tiger shark predation risk influence bottlenose dolphin habitat use" (PDF). Ecology 83 (2): 480–491. doi:10.1890/0012-9658(2002)083[0480:FAATSP]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2009. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ Maldini, Daniela (2003). "Evidence of predation by a tiger shark (Galeocerdo cuvier) on a spotted dolphin (Stenella attenuata) off Oahu, Hawaii" (PDF). Aquatic Mammals 29 (1): 84–87. doi:10.1578/016754203101023915.
- ↑ Tiger Sharks Killed for Eating Leatherback Turtles Arquivado 26 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.. Shark Defenders (2011-04-16). Consultado o 23 de marzo de 2013
- ↑ Shark Bay Ecosystem Research Project Arquivado 21 de marzo de 2013 en Wayback Machine.. .fiu.edu. Consultado o 23 de marzo de 2013
- ↑ 24,0 24,1 24,2 24,3 Heithaus, Michael R. (xaneiro de 2001). "Predator–prey and competitive interactions between sharks (order Selachii) and dolphins (suborder Odontoceti): a review". Journal of Zoology 253 (1): 53–68. doi:10.1017/S0952836901000061.
- ↑ Office of National Marine Sanctuaries (2012-08-07). "Humpback Whale Shark Attack: A Natural Phenomenon Caught on Camera".
- ↑ Dudley, Sheldon F. J.; Anderson-Reade, Michael D.; Thompson, Greg S.; McMullen, Paul B. (2000). "Concurrent scavenging off a whale carcass by great white sharks, Carcharodon carcharias, and tiger sharks, Galeocerdo cuvier" (PDF). Fishery Bulletin 98: 646–649. Consultado o 4 de maio de 2010.
- ↑ Simpfendorfer, Colin A.; Goodreid, Adrian B.; McAuley, Rory B. (1 de xaneiro de 2001). "Size, Sex And Geographic Variation in the Diet of the Tiger Shark, Galeocerdo cuvier, From Western Australian Waters". Environmental Biology of Fishes 61 (1): 37–46. doi:10.1023/A:1011021710183.
- ↑ Anderson, Paul K. (1995). "Scarring and photoidentification of dugongs (Dugong dugon) in Shark Bay, Western Australia" (PDF). Aquatic Mammals 21 (3): 205–211. ISSN 0167-5427. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2014.
- ↑ Wirsing, Aaron J.; Heithaus, Michael R.; Dill, Lawrence M. (xullo de 2007). "Living on the edge: dugongs prefer to forage in microhabitats that allow escape from rather than avoidance of predators". Animal Behaviour 74 (1): 93–101. doi:10.1016/j.anbehav.2006.11.016.
- ↑ Mikula, P. (2015). "Fish and amphibians as bat predators". European Journal of Ecology 1 (1): 71–80. doi:10.1515/eje-2015-0010.
- ↑ Greenpeace International Seafood Red list. greenpeace.org
- ↑ 32,0 32,1 "ISAF Statistics on Attacking Species of Shark". International Shark Attack File. Florida Museum of Natural History University of Florida. Consultado o 2008-05-04.
- ↑ Ritter, Erich K. (15 de febreiro de 1999). "Which shark species are really dangerous?". Shark Info.
- ↑ 34,0 34,1 34,2 "Tiger Shark Research Program". Shark & Reef Fish Research. Hawaii Institute of Marine Biology.
- ↑ Main, Douglas (10 de setembro de 2013). "Hawaii tiger shark migration in fall coincides with rise in bites". CBS Science News. Consultado o 15 de outubro de 2014.
- ↑ "Prohibition of Shark Feeding". Hawaii Department of Land and Natural Resources, Hawaii Department of Agriculture. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 2014-05-26.
- ↑ "Federal Fishery Managers Vote To Prohibit Shark Feeding" (PDF). Western Pacific Regional Fishery Management Council. Consultado o 2014-05-26.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Tiburón tigre |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tiburón tigre |
Ligazóns externas
editar- Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Galeocerdo cuvier (TSN 160189)" (en inglés).
- Información xeral Enchanted Learning.
- "Different diet information" Shark Info.
- "Tiger sharks in Hawaii" Programa de investigación.
- "Tiger shark: Fact File" Arquivado 29 de xuño de 2007 en Wayback Machine. de National Geographic
- Investigación de rastreo de tiburóns tigre
- Imaxes de tiburóns tigre