Elasmobranquios

subclase dentro da clase dos peixes cartilaxinosos
(Redirección desde «Elasmobranchii»)
Elasmobranquios
Elasmobranchii

Rango fósil: silúrico tardío - actualidade[1]

Manta xigante (Manta birostris), un elasmobranquio
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Bonaparte, 1838
Superordes

De acordo coa clasificación tradicional, seguida aínda na actualidade por numerosos autores, os elasmobranquios (Elasmobranchii) conformaban unha subclase dentro da clase dos peixes cartilaxinosos ou condrictios (Chondrichthyes). Comprendía dúas superordes: selacimorfos (Selachimorpha) —os tiburóns— e batoideos (Batoidea) —as raias en sentido amplo—.

Características editar

Estes peixes resentan un esqueleto formado por cartilaxes. A pel está recuberta de escamas placoides (dentículos dérmicos) que lles dan un tacto moi áspero (utilizouse antigamente como papel de lixa) ou pode estar núa.

Posúen de 5 a 7 arcos branquiais con cadansúa abertura a cada lado do corpo; as branquias non están protexidas por opérculos. Os dentes son numerosos e dispostos en fieiras. Carecen de vexiga natatoria.

Normalmente, os machos presentan uns órganos copuladores derivados das aletas pelvianas.

Taxonomía editar

Descrición editar

A subclase foi descrita en 1838 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.[2]

Etimoloxía editar

O nome científico Elasmobranchii está formado pola unión dos elementos elasmo- e -branchi, tirados do grego antigo ἔλασμα élasma ("placa de metal") e βράγχια bránchia, ("branquia", "galada"),[3] coa adición dun -i final para indicar plural.

Clasificación editar

Comprende dúas superordes cuxos membrose distínguense pola forma básica do seu corpo, ben diferente entre si:

Taxonomía actual editar

A taxonomía biolóxica non é inamovíbel, e as opinións sobre o correcto status dun taxon a todos os niveis, e sobre a súa correcta situación, son constantemente revisadas, como resultado de novas investigacións. Desde o ano 2016 o World Register of Marine Species (Rexistro Mundial de Especies Mariñas), coñecido polas siglas WoRMS, base de datos que inclúe unha exhaustiva lista de nomes de organismos mariños e é editado e mantido por científicos especialistas en cada grupo de organismos, que controlan a calidade da información, que é reunida desde varias bases de datos rexionais ou específicas por taxon, considera aos Elasmobranchii como unha clase da superclse dos gnatostomados, e que conta cunha única clase, a dos neoselaquios, que, á súa vez, inclúe unha única orde, a dos rinopristiformes.[4]

Os criterios da WoRMS son seguidos pola maioría dos ictiólogos como, por exemplo, os integrantes do Integrated Taxonomic Information System (ITIS) (Sistema Integrado de Información Taxonómica).[5]

Polo tanto, a clasificación actual (2020) dos elasmobranquios é a seguinte:[4]

Notas editar

  1. Karatajüte, V. (1973): "Elegestolepis grossi ge. et sp. nov., ein neues typ der placoidschuppe aus dem oberen Silur der Tuwa". Palaeontographica Abteilung A 143: 35–50.
  2. Elasmobranchii Bonaparte, 1838 en BioLib.
  3. elasmobranch no Merriam-Webaster Dictionsry,
  4. 4,0 4,1 Elasmobranchii no WoRMS. Consultado o 10 de dembro de 2020.
  5. Elasmobranchii no ITIS. Consultado o 10 de dembro de 2020.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. St. Louis, Missouri, USA: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Compagno, Leonard & Sarah Fowler (2005): Collins Field Guide Sharks of the World. Collins. ISBN 978-0-0071-3610-0.
  • Ebert, David A., Sarah L. Fowler & Leonard J. V. Compagno (2013): Sharks of the World. A Fully Illustrated Guide. Plymouth, UK: Wild Nature Press (Princeton University Press). ISBN 978-0-9573-9460-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, New Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
  • Nelson, Joseph S.; Terry C. Grande & Mark V. H. Wilson (2016): Fishes of the World, 5th Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.
  • VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-2053-616-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar