Templete de San Pietro in Montorio

O Templete de San Pietro in Montorio, tamén chamado Tempietto di San Pietro in Montorio ou Tempietto del Bramante, é un pequeno edificio circular situado no centro dun dos patios do convento de San Pietro in Montorio, en Roma, no outeiro Gianicolo e está situado na Praza di san Pietro in Montorio, 2. Está considerado un dos exemplos máis significativos da arquitectura renacentista, dos que manifesta dos temas fundamentais, como o plan central, a recuperación da arquitectura romana antiga e a investigación proporcional e xeométrica na relación entre as partes. Pero a característica principal desta obra é que foi o primeiro edificio renacentista no que a naos ou cella está rodeada, ao xeito clásico, cun anel de columnas con arquitrabe.

Templete de San Pietro in Montorio
Roma Gianicolo Tempietto del Bramante.jpg
Fachada principal
Edificio
EstiloRenacemento (Cinquecento)
EnderezoPiazza di san Pietro in Montorio, 2
LocalizaciónRoma, Italia Italia
Coordenadas41°53′20″N 12°27′59″L / 41.88875, 12.46641667Coordenadas: 41°53′20″N 12°27′59″L / 41.88875, 12.46641667
Templete de San Pietro in Montorio en Italia
Templete de San Pietro in Montorio
Templete de San Pietro in Montorio
Localización do Templete de San Pietro in Montorio
Uso(s)Monumento
Construción
Inicio1502
Remate1510
Equipo
Arquitecto(s)Bramante
editar datos en Wikidata ]
O templo nunha ilustración de principios do século XX
A planta nun gravado de Palladio
Sección do Tempietto tomada dos catro libros da arquitectura de Palladio (1570)

HistoriaEditar

Máis tarde no complexo do convento houbo unha congregación española e aínda hoxe unha parte dos edificios que rodean o templo son a sede da Academia de España. Quizais foi deseñado en 1502, pero hai algunhas dúbidas sobre os anos de deseño e construción xa que, debido á falta de documentación, hai autores que propoñen aprazar a datación arredor de 1510, facéndoa parecer contemporánea dos grandes proxectos de Bramante.[1]

A obra foi encargada a Bramante polo cardeal castelán Bernardino López de Carvajal,[2] que aspiraba ao Papado, pero foron os Reis Católicos[3] os que o financiaron en honor ao nacemento do seu único fillo varón, que coincidiu coa festividade de san Pedro Apóstolo. O lugar escolleito para o pequeno edificio foi o lugar que marcaba o martirio de San Pedro que, segundo a tradición, producírase precisamente no outeiro do Gianicolo[4]. Desde a construción, a obra foi moi celebrada polos eruditos da época: tanto Serlio[5] coma Palladio[6] consideraron o edificio digno de aparecer xunto ás obras dos antigos e ademais influíu, directa ou indirectamenete, en moitas obras arquitectónicas posteriores. Igualmente, Vasari a representa nun fresco na Sala Regia.

No século XVII, a construción sufriu algúns cambios, que incluíron a lixeira elevación da cúpula, a modificación da lanterna e a construción de escaleiras para o acceso á cripta.[7]

DescriciónEditar

O templo, monóptero e períptero, ten un corpo cilíndrico, que constitúe a cella do templo, cuxos muros están escavados por nichos excepcionalmente profundos, decorados con cunchas, e marcado por pilastras como unha a proxección xeométrica das columnas do perístilo. O edificio, que é unha recreación dun templo romano de planta circular,[3] está rodeado dunha columnata toscana ergueita sobre unha grada; sobre as 16 columnas corre un entaboamento segundo as indicacións que Vitruvio deu para a orde dórica, cun friso decorado con tríglifos e métopas. As columnas son de granito gris e o resto das partes de mármore travertino.

O interior da cella ten un diámetro de aproximadamente 4,5 m. e pódese considerar máis unha "naos" ca un espazo dedicado ás funcións litúrxicas; un lugar puramente simbólico e conmemorativo. A forma cilíndrica está modificada por nichos altos e profundos, catro dos cales albergan pequenas estatuas dos evanxelistas. No altar hai unha estatua de San Pedro dun lombardo anónimo. O chan está en mosaico de mármore policromado, cun estilo tradicional actualizado a o renacemento de finais do século XV.

O espazo cóbrese cunha cúpula, concibida en conglomerado de cemento (ao xeito dos antigos) e colocada sobre un tambor decorado con pilastras que continúan as do rexistro inferior, pero carecen dos atributos da mesme orde arquitectónica. O revestimento de chumbo, probablemente presente dende a construción, foi restaurado no século XX, xa que no século XIX fora substituído por tellas de ladrillo.

Segundo os planos iniciais, o templo debería ter sido inserido no centro dun patio circular non realizado (o actual é cuadrangular), para resaltar a perfecta simetría do sistema e facer fincapé na centralidade do templo cuxa estrutura irradiaba no patio, proxectando as 16 columnas noutras 16 para formar un pórtico circular, como podemos ver nunha reconstrución de Serlio. Este proxecto orixinal tería permitido a vista do templo só desde unha posición bastante próxima, dando ao pequeno edificio un aspecto moito máis impoñente e masivo, segundo unha precisa investigación en perspectivas.[8]

O edificio está sobre unha cripta circular, xa existente, cuxo centro indica o lugar onde tería sido plantada a cruz do martirio de san Pedro, que se convertera no eixo ideal de toda a construción. A cripta maila planta circular resalta a relación cos martyrium de época paleocristiá. Seguramente, na época de Bramante, críase que que esa cripta correspondería aos restos do Tropeion Petri, a pequena capela ou monumento á que, segundo un testemuño do século II[9] e á tradición, se lle encomendou a memoria do enterro de San Pedro[10] ou do martirio. Á cripta accédese por escaleiras externas construídas no século XVII; orixinalmente só había unha pequena escaleira situada por tras do altar.[11]

A recuperación do antigoEditar

O pequeno edificio está modelado conscientemente sobre un templo circular periférico, unha tipoloxía descrita por Vitruvio e empregada pola antiga arquitectura romana e dos que se conservaron algúns exemplos visibles e bastante intactos como o Templo de Vesta de Tívoli, o Templo de Vesta no Foro e o Templo de Hércules Vitorioso (que na época críase que era tamén un templo dedicado a Vesta) en Roma.[12]

Non obstante, estes exemplos, que Bramante seguramente tivo a oportunidade de ver, non explican a morfoloxía do templo, salvo o perístilo. A referencia ao clasicismo é máis completa se se refire á descrición do templo circular exterior feita por Vitruvio, o cal usa o termo " tholos " na descrición concisa que, primeiro Francesco di Giorgio Martini e logo Bramante, pretendían como cúpula creando, de feito, unha nova tipoloxía.

Dado o propósito do templo, esta referencia serviu, quizais, para clasificar como paleocristiáns ás pequenas construcións circulares xeralmente destinadas como martyiria. Pódense recordar, neste senso, os exemplos do Mausoleo de Santa Costanza e a Basílica de Santo Estéfano Rotondo al Celio.[13]

O plan centralEditar

Outra referencia de Bramante foi a planta circular do Panteón, de moito maior tamaño. De feito, a construción do templo está no centro das investigacións que implicaron a tódolos arquitectos do Renacemento relacionados co plan central como modelo para representar a realidade divina e o cosmos; isto é así, especialmente, para a forma circular, como expresión conceptual e visual da "figura do mundo" [14] .

No caso do templete, a circularidade agudízase na concepción do proxecto global orixinal, o que orixina unha serie de círculos concéntricos a partir do chan interior, ata o pórtico do patio non realizado.

Estes mesturas culturais, aos que o neoplatonismo non era estraño, levaron á concepción do templo máis grande do cristianismo, a basílica de San Pedro, no Vaticano, de cuxa planta, Bramante, puido sacar algúns elementos do templete e, en particular, da cúpula. Este paso entre o moi pequeno do templete e o colosal do Panteón e da Basílica de San Pedro, revela o carácter conceptual do pequeno sacelo ou capela, cuxas características arquitectónicas parecen estar motivadas por valores simbólicos precisos ligados á figura do santo.

A realización experimental de Bramante tamén se atopa paralela nalgunhas obras pictóricas, incluída a pintura contemporánea de Rafael, Os esponsais da Virxe, como proba da importancia do tema do templo circular na cultura de principios do século XVI.

SimboloxíaEditar

Ademais da xénese e das implicacións culturais xerais do concepto arquitectónico, no templete identificáronse varios símbolos:

  • o uso da orde dórico-toscana, segundo Vitruvio, identifica a San Pedro como unha figura "heroica";
  • a cripta, a capela e a cúpula podían representar, sucesivamente, a Igrexa orixinal das catacumbas, a Igrexa militante contemporánea e a Igrexa triunfante na gloria do ceo;
  • no perímetro do templo hai 16 columnas: o número 16 é considerado perfecto por Vitruvio como 16 = 10 + 6 e ambos números son perfectos segundo os pitagóricos.

Xeometría e proporciónsEditar

A construción concíbese a través de simples relacións xeométricas:

  • a altura (incluíndo arquitrabe, friso e cornixa) é igual á distancia desta, da cornixa, ata a cima da cúpula;
  • a cúpula do edificio ten un radio igual á súa altura e á altura do tambor sobre o que descansa; neste relación, hai unha clara referencia ao Panteón (no que a cúpula, tamén hemisférica, é a metade da altura exacta do edificio completo);
  • o diámetro da circunferencia externa das columnas é igual a 3/2 do diámetro da cúpula.

GaleríaEditar

 
O proxecto global visto por Serlio


NotasEditar

  1. Spagnessi (1999)
  2. Urquízar & Cámara (2017), p. 65
  3. 3,0 3,1 Alonso (2005), p. 146
  4. Bianchi (1999)
  5. Serlio (1540)
  6. O templo de Bramante foi o único edificio "moderno" que aparece no IV dos Quattro Libri dell'Architettura adicado aos templos antigos.
  7. Gunther (2001), p. 269
  8. Gunther (2001), p. 270
  9. Eusebio, Historia Ecclesiastica, II, 28.
  10. Dende a Idade Media, a opinión predominante foi que o lugar do enterro estaba no Vaticano.
  11. Gunthe (2001), p. 269
  12. Nuttgens (2002)
  13. Gatti Perer & Rovetta (1996)
  14. Palladio, Quattro Libri dell'Architettura, 1570.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Fontes antigasEditar

  • Palladio, Andrea (1570). Quattro Libri dell'Architettura (en italiano). 
  • Serlio, Sebastiano (1540). Terzo libro, nel quale si figurano e si descrivono le antiquità di Roma (en italiano). Venecia. 

Fontes actuaisEditar

Outros artigosEditar