Andrea Palladio

arquitecto italiano

Andrea Palladio, nado como Andrea di Pietro della Gondola o 30 de novembro de 1508 e finado o 19 de agosto de 1580, foi un arquitecto véneto, amplamente considerado o máis influente na historia da arquitectura occidental[Cómpre referencia]. O apelido de "Palladio" é, en realidade, un alcume derivado da deusa grega Pallas Atenea que lle puxo o seu primeiro patrón, un humanista de Vicenza.[1]

Andrea Palladio
Palladio.jpg
Andrea Palladio
Nome completoAndrea di Pietro della Gondola
Nacemento30 de novembro de 1508
 Padua República de Venecia
Falecemento19 de agosto de 1580 (71 anos)
 Maser preto de Treviso
EstiloNeoclasicismo
Obras destacadasVila Barbaro
Villa Capra "A Rotonda"
Basilica Palladiana
Church of San Giorgio Maggiore
Il Redentore
Teatro Olímpico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Palladio realizou a maioría da súa obra en Vicenza, estudou a arquitectura clásica romana, o que vai ser determinante para axeitar as súas construcións ó seu uso e o seu contorno, o gusto polos edificios civís, a valorización contrastada entre superficies pechadas e abertas mediante pórticos de columnas, dentro dunha racional simetría, vai ser a idea dominante da súa arquitectura, que é luminosa e cromática que establece unha clara relación entre paisaxe e arquitectura que se reforza pola prolongación dos eixos principais dos edificios que se introducen na natureza, conseguindo a súa unificación.

NotasEditar

  1. Hartt & McIntire (1989), p. 723

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hartt, Frederick; McIntire, Paul Goodloe (1989). Arte. Historia de la pintura, escultura y arquitectura. Colección Arte y estética. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-411-7. 

Outros artigosEditar