Palladianismo

estilo arquitectónico

O palladianismo ou arquitectura palladiana é un estilo arquitectónico orixinalmente creado polo arquitecto italiano Andrea Palladio (1508–1580).[1] Aínda que o termo palladiano se refire á obra deste artista e a todas aquelas inspiradas por el, o que se coñece como un palladianismo é unha evolución dos mesmos conceptos orixinais de Palladio.

Proxecto da vila con pórtico superposto, do libro IV de I Quattro Libri dell'Architettura de Andrea Palladio, nunha edición publicada en Londres en 1736.

O desenvolvemento do palladianismo como un estilo autónomo comezou no século XVI e continuou até finais do século XVIII, onde influíu notablemente na arquitectura neoclásica, polo seu amplo gusto polo clásico. Este estilo espallouse dende o Véneto a toda Europa e outras partes do mundo. No Reino Unido, o palladianismo chegou a ser moi popular a mediados do século XVII por mor da obra de Christopher Wren. Nas construcións de estilo clásico sucedeu ó Barroco, como unha renovación das formas da antigüidade.

A comezos do século XVIII, estivo de moda non só no eido británico, senón na maioría dos países do Norte de Europa. Máis adiante, cando o estilo comezou a esmorecer en Europa, rexurdiu con forza en América do Norte, con bos exemplos nos edificios deseñados por Thomas Jefferson.

  1. Volum 15, La Gran Enciclopèdia en català (2004), Barcelona, Edicions 62, ISBN 84-297-5443-1

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar