Soutelo Verde, O Castro de Laza, Laza
Soutelo Verde é un lugar da parroquia do Castro de Laza, no concello ourensán de Laza, na comarca de Verín. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 66 habitantes (28 homes e 38 mulleres), tres menos ca en (28 homes e 41 mulleres, segundo o IGE) e seis menos ca en 2009.
Soutelo Verde | |
---|---|
Casa de pedra | |
Parroquia | O Castro de Laza |
Concello | Laza |
Coordenadas | 42°04′36″N 7°29′39″O / 42.076618, -7.494053 |
Poboación | 66 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gráfica de evolución demográfica de Soutelo Verde, O Castro de Laza, Laza entre 2000 e 2018 |
Poboación de dereito (2001-2014) segundo os censos de poboación do INE. |
Xeografía
editarO lugar está na marxe dereita o curso alto do río Támega, a 8 km do seu nacemento. Pola aldea pasan dous dos seus afluentes, o río de Carraxo e o rego da Ribeira. Pola aldea pasa o camiño de Santiago[3], que vai pola estrada OU-113 entre Laza e Vilar de Barrio. No lugar están os barrios do Peso (ao sur do rego da Ribeira, até a ponte do Peso)[4], O Canto (entre o rego da Ribeira e o río de Carraxo, cara á estrada OU-113), Entre as Pontes (entre a ponte do Peso e a ponte do río Carraxo) e A Poula (ao norte do río de Carraxo).
Historia e patrimonio
editarO topónimo «Soutelo Verde» fai referencia a un pequeno souto, bosque de castiñeiros.
En 2015 o etnógrafo Bruno Rúa descubriu na fieiteira do Castro dos Mouros un menhir de granito da Idade de Bronce, a coñecida como pedrafita de Rebordiño. O megálito, de 2 metros de alto e 70 cm de ancho, é do tipo «forma cabeza», que trata de imitar un corpo humano de pé, con cabeza e brazos pegados ao corpo.[5][6] Segundo a lenda, o menhir é un home que se intentou roubar a peza de ouro que sostiña a bóveda baixo o castro, e como castigo o rei mouro o converteu en pedra.[7] Outra lenda conta que cando as mozas ían levar o gando aos prados da Escaceira, a moura que vivía no Pozo da Moura, que nunca secaba, a carón do menhir, insistía en peitealas.[7]
O petróglifo das Ferraduras está formado por catro ou cinco cavidades e un signo en forma de ferradura.[8] Segundo a lenda, a marca da ferradura foi deixada polo cabalo do Apóstolo Santiago ao saltar o monte das Penedas de Avión cara ao monte das Ferraduras.[6] O Castro dos Mouros é un poboado castrexo, posiblemente habitado polos tamaganos, tribo que recibe o seu nome do río Támega. A fortificación estaba rodeada por un foxo que no 80 % do perímetro, de até 10 metros de ancho e 7 metros de profundidade nalgúns tramos,[7] se ben foi alterada por actividades forestais e xa non se conservan restos de muralla ou construcións.[8] Durante a romanización de Galicia pasaba polo val do Támega a Vía Secundaria IV,[9] que unía Chaves e Baños de Molgas.[10]
No lugar dos Trigos, en San Martiño, consérvanse os restos dunha necrópole medieval, alterada polas actividades agrícolas e gandeiras. Atopáronse lápidas de lousa, algunhas con inscricións, que foran reutilizadas para limitar os campos. O nome de San Martiño podería indicar a presenza dunha antiga ermida, que se correspondería co cemiterio.[8]
Hai unha antiga explotación mineira de estaño nas Boreas Fundidas.[8]
A fonte e cruceiro están situados no medio do lugar[11]. Detrás da fonte instalouse un lavadoiro comunal de pedra.
A capela de San Martiño é un edificio rectangular de comezos do século XIX[12], construído en estilo popular con cachotaría, agás a fachada construída con pedras de cantaría. A portada é alintelada, con fiestras rectangulares a ambos os lados. Sobre a fachada hai unha espadana cunha campá, con dous pináculos nas esquinas do edificio.[13][14] Anexo á capela hai un peto de ánimas de 1813, a carón do antigo camiño cara ao río Carraxo, co seguinte texto, «Pasajero que vas caminando, socorred las almas que están penando».[15]
Economía
editarA actividade económica principal é agropecuaria: agricultura, gandaría e industria madeireira. Antigamente había unha ferraría moi activa e dous zapateiros.[11] Tamén chegou a haber dous bares e dous colmados, se ben na actualidade só sobrevive a panadaría A Casa das Bicas, especializada na fabricación de bicas brancas, variedade típica da zona[16].
Cultura e festas
editarO Entroido de Soutelo Verde é similar ao Entroido de Laza, con peliqueiros e farrapada.
O terceiro domingo de agosto celébrase a festa da Virxen das Dores, na capela do mesmo nome. Antigamente celebrábase o 15 de setembro, con misa solemne e procesión.[11] Na Semana Santa faise a Procesión do Encontro, na que a imaxe da Virxe das Dolores é levada en procesión a medio camiño cara ao lugar de Castro de Laza, preto do río Támega, onde antigamente había un cruceiro e unha pequena capela adicada a Santa María Magdalena.[11]
Lugares e parroquias
editarLugares do Castro de Laza
editarLugares da parroquia do Castro de Laza no concello de Laza (Ourense) | |
---|---|
O Castro | Correchouso | O Navallo | Naveaus | Soutelo Verde | Tamicelas | Vilameá |
Parroquias de Laza
editarNotas
editar- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 30.marzo.2013.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Laza – O Castro de Laza". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 30.marzo.2013.
- ↑ "Camino Sanabrés - Vía de la Plata. Etapa 9.- De Laza a Xunqueira de Ambias". Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
- ↑ Xunta de Galicia (26 de febrero de 2008). "Parroquia de Castro de Laza" (PDF).
- ↑ Martínez, Sindo (11 de abril de 2015). "Descubren una estatua menhir de hace 4.000 años en un monte de Laza". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ 6,0 6,1 Pedrafita de Rebordiño na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Castro dos Mouros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Catálogo de planeamento arqueolóxico" (PDF). Xunta de Galicia. 26 de febreiro de 2008.
- ↑ Taboada Chivite, X. (1953). "Carta arqueológica de Verín". Actas del III Congreso Nacional de Arqueología. Zaragoza.
- ↑ Fernández Castos, Manuel; Fuentes Corral, Manuel (15 de novembro de 1926). "Unha nova vía romana". Nós (35): 4–5.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Diéguez Añel, Antonio Augusto (2015). La cuna del pequeño Támega. Naturaleza, historia y costumbres. Mesada. p. 199.
- ↑ Diéguez Añel, Antonio Augusto. La cuna del pequeño Támega. Naturaleza, historia y costumbres. Mesada. pp. 198–199.
- ↑ Capela de San Martiño de Soutelo Verde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Xunta de Galicia (26 de febrero de 2008). "Parroquia de Castro de Laza" (PDF).
- ↑ Peto de ánimas de Soutelo Verde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Xinzo de Limia y pueblos del Macizo Central comienzan el Carnaval más largo de Galicia". Te Interesa (en castelán). 19 de xaneiro de 2013.