Salustiano Portela Pazos

sacerdote e historiador galego

Salustiano Portela Pazos, nado en Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) o 6 de agosto de 1877 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1976, foi un clérigo e historiador galego.

Salustiano Portela Pazos
Salustiano Portela Pazos 1930.jpg
Nacemento6 de agosto de 1877
Lugar de nacementoRebordelo
Falecemento3 de maio de 1976
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e historiador
IrmánsRicardo Portela Pazos
Na rede
WikiTree: Portela-25
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Portela Pazos en 1918.

Estudou no instituto de Pontevedra e preparou Humanidades no seminario de Tui. Despois estudou no seminario de Santiago de Compostela e doutorouse en Teoloxía e Dereito Canónico pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi párroco de Valongo (Cerdedo-Cotobade), e posteriormente segundo mestre de cerimonias, cóengo e deán da catedral de Santiago de Compostela. Foi tamén mestre nacional.

Entre outros recoñecementos, conta cun do Concello de Santiago de Compostela en 1909 (co gallo da Exposición Rexional de 1909), outro do Ateneo León XIII en 1910, e outro da Liga de Amigos de Santiago en 1916. En 1941 ingresou na Real Academia Galega, e en 1951 presentou a Antón Fraguas como membro da mesma.

ObraEditar

  • O cañón de pau (1913; publicado en 1976).[1]Reeditado en 2019.[2]
  • Catecismo social
  • León XIII y la Cuestión Social
  • Plan desarrollado por León XII en sus inmortales Encíclicas
  • Medios conducentes al mejoramiento de las Obreras en Galicia
  • Apuntes para la Historia de los Irmandinos en Galicia
  • Colección de Tapices y Colgaduras antiguas de la Catedral de Santiago
  • Decanología de la S.A.M. Iglesia de Santiago de Compostela
  • Fray Rodrigo y su Capilla. Notas Pontevedresas
  • Anotaciones al Tumbo A de la Catedral de Santiago
  • Orígenes del culto al Apóstol Santiago
  • La Iglesia Compostelana y la Fiesta de la Inmaculada Concepción
  • Apuntes para la Historia de la Isla de Ons
  • Diversidad de "COBRADOS" en la Ciudad y Villas del Señorío de Santiago que disfrutaban de Fuero Propio
  • Finalidad de la Real Academia Gallega: pasado y porenir
  • Galicia en tiempo de los Fonsecas
  • Origen del topónimo "Compostela"
  • Breve resumen histórico de la Sede Iriense-Compostelana
  • Modalidad ornamental de Próximo Origen Compostelano
  • La guerra de independencia en Galicia (1964)

NotasEditar

  1. Fala do papel dos guerrilleiros das terras de Cotobade na Guerra da Independencia contra as tropas do Xeneral Ney e na batalla de Ponte Sampaio.
  2. "Xunta e Cerdedo-Cotobade homenaxean a Salustiano Portela cunha nova reedición da obra 'O cañón de pau'". O portal da lingua galega. 8 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar