Xoán López Durá

avogado e político galego

Xoán López Durá, nado na Habana en 1910 e finado en México en 1973, foi un avogado e político galego.

Xoán López Durá
Nacemento1910
Lugar de nacementoA Habana
Falecemento1973
Lugar de falecementoMéxico
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
O SEG en 1936: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias Iglesias, Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino Pedret, Jaime Vidal Rey, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá, no extremo superior dereito

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi profesor de Dereito Administrativo en 1936. Foi director da Sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas do Seminario de Estudos Galegos. Militante do Partido Galeguista, logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Trasladouse a Alemaña para ampliar estudos e cando regresou estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e tivo que exiliarse en México. Foi profesor da Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo[1] en Morelio. Mantivo os contactos co galeguismo político no exilio a través do Consello de Galiza e do Padroado da Cultura Galega de México do que foi directivo. Posteriormente vinculouse á Unión do Povo Galego. Colaborou en revistas con traballos da súa especialidade, foi membro do consello de redacción da revista Vieiros e traduciu libros ao inglés.

Notas editar

  1. González Gómez, Claudia e Gerardo Sánchez Díaz (2008) Exilios en México siglo XX Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo, p. 148

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar